MOS
O club de baile de Mos que percorreu 2.150 quilómetros para facer historia en Italia
ove bailarines do Baila-Mos representaron por primeira vez a España no Dance Expo de Ferrara e foron recoñecidos como os participantes máis afastados
O Club Baile Deportivo Baila-Mos segue a levar o nome do municipio por todo o mundo. Mentres o equipo de competición participaba o pasado sábado no Marín Atlantic Open, un grupo de nove alumnos da sección de Baile Social do club tomou parte no Dance Expo celebrado en Ferrara (Italia), un evento internacional organizado pola IDSF (International Dance Sport Foundation).
A cita reuniu escolas e bailaríns de diferentes países arredor do Baile de Salón Social –entendendo por Baile Social aquel non federado– e contou, por primeira vez, con representación española. Ademais, o club foi recoñecido pola organización como o participante procedente da localización máis afastada, ao percorrer máis de 2.150 quilómetros ata Ferrara.
Os nove participantes, procedentes tamén de diferentes concellos da contorna como Salceda de Caselas, Tui, A Guarda e Salvaterra de Miño, recibiron certificados e medallas nas distintas modalidades de baile nas que competiron.
A presidenta do club, a campioa do mundo Patricia Martínez, subliñou o esforzo organizativo que supuxo coordinar simultaneamente a participación nos dous eventos celebrados durante a mesma fin de semana, e agradeceu especialmente a implicación e responsabilidade de todo o equipo para que ambas actividades se desenvolvesen con normalidade.
Durante a estancia en Italia, os integrantes do Baila-Mos compartiron experiencia coa escola italiana Thermal Dance, situada en Abano Terme, dirixida por Jacopo, parella de baile de Patricia Martínez, e que acadou o cuarto posto como escola con maior número de participantes no evento.
O club xa traballa coa vista posta na próxima edición do Dance Expo 2027, co obxectivo de continuar ampliando a presenza internacional do baile deportivo e social galego e seguir situando Mos no mapa internacional desta disciplina.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.51