Galicia
Contratados 45 científicos nas universidades galegas cun investimento de máis dun millón da Xunta
Os programas Ramón y Cajal e Juan de la Cierva permitirán incorporar 27 investigadores na USC, 11 na UVigo e sete na UDC sen custo adicional para as arcas universitarias
O Consello da Xunta autorizou o convenio de colaboración entre o Goberno autonómico e as tres universidades públicas galegas para o cofinanciamento da contratación de 45 científicos cos programas Ramón y Cajal e Juan de la Cierva. A Xunta destinará un total de 1.230.000 euros á Universidade de Santiago de Compostela, á Universidade da Coruña e á Universidade de Vigo para que estes investigadores desenvolvan a súa actividade en Galicia nos próximos anos.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e FP cofinanciará a contratación de 30 científicos cunha traxectoria destacada e alto potencial investigador, beneficiarios do subprograma estatal Ramón y Cajal, e outros 15 investigadores do programa estatal Juan de la Cierva. Grazas ao apoio da Xunta, as universidades públicas poderán contratar os candidatos seleccionados a tempo completo durante os anos que duren estes programas e coas condicións establecidas nos mesmos.
Distribución por universidades
Serán 27 investigadores contratados para a USC, 11 para a UVigo e sete para a UDC. A finalidade destas axudas é incentivar ás universidades galegas para que se presenten ás convocatorias ao saber que non teñen que achegar partidas para as contratacións.
Programa Ramón y Cajal
O obxectivo das axudas Ramón y Cajal é promover a incorporación de persoal investigador nacional e estranxeiro cunha traxectoria destacada e brillante en centros de I+D+i. Ao abeiro do convenio autorizado, o Goberno galego destina un total de 1.080.000 euros a financiar a contratación de 30 investigadores deste programa por parte das tres universidades públicas galegas durante cinco anos. Son 18 científicos da USC, nove da UVigo e tres da UDC. Este programa é un dos máis competitivos de Europa, acollendo a destacados investigadores que pasaron parte da súa carreira no estranxeiro.
A Consellería de Educación paga os custos de persoal que non ten financiamento na convocatoria estatal para que a súa contratación non lle supoña gasto ningún ás universidades. O acordo abrangue todo o período de vixencia do contrato cunha contía por contrato de 36.000 euros.
Programa Juan de la Cierva
O Executivo galego tamén financia con 150.000 euros a captación do talento de 15 investigadores a través do programa Juan de la Cierva na modalidade de formación. Concretamente, desenvolverán a súa actividade na USC nove científicos, catro na UDC e dous na UVigo.
Neste caso, os contratos teñen unha duración de dous anos e a Xunta aboará 5.000 euros por contrato ao ano. A finalidade é fomentar a contratación de mozos doutores para que completen a súa formación investigadora posdoutoral en centros de I+D+i.
388 investigadores desde 2014
Estas liñas de axudas da Xunta para contribuír á financiación de investigadores nas universidades galegas están activas desde 2014. Desde entón, beneficiáronse das mesmas 388 investigadores: 217 Ramón y Cajal e 171 Juan de la Cierva. A Xunta afianza así o seu compromiso de dar oportunidades no ecosistema investigador galego a científicos que inician a súa traxectoria e a profesionais excelentes en liña cos obxectivos de reforzar a I+D+i galega.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.7