Viernes, 05 de Junio de 2026

Actualizada Viernes, 05 de Junio de 2026 a las 16:54:58 horas

Redacción MOS
Viernes, 05 de Junio de 2026 Tiempo de lectura:
MOS

O mar convértese en aula: Mos leva o surf aos colexios

Preto dun cento de alumnos de 5º de Primaria dos cinco colexios do municipio participan nun programa que combina obradoiros nas aulas e sesións reais na praia de Patos

O Concello de Mos, a través da Concellería de Educación, está a desenvolver unha nova edición do programa “Surf na Escola”, unha iniciativa dirixida ao alumnado de 5º de Educación Primaria dos centros educativos do municipio que combina actividade física, aprendizaxe e diversión. O proxecto, que se está a levar a cabo durante estas semanas, achega aos escolares unha primeira toma de contacto co surf, unha disciplina deportiva en constante crecemento e que conta cun gran seguimento entre a mocidade.

 

 

A actividade estrutúrase en dúas fases. Nunha primeira sesión, celebrada nos propios centros educativos, o alumnado participa en obradoiros prácticos nos que coñece o material empregado para a práctica do surf e realiza exercicios de equilibrio, coordinación e iniciación ás técnicas básicas. Posteriormente, na praia de Patos, en Nigrán, teñen a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos nunha sesión real no mar, sempre acompañados por monitores especializados do club deportivo Prado Surf, encargado tamén da achega do material necesario.

 

Nesta edición participan os CEIPs Pena de Francia, Atín, Mestre Valverde Mayo, Petelos e Mestre Martínez Alonso, o que permitirá que preto dun cento de escolares do municipio gocen dunha experiencia educativa e deportiva diferente. A iniciativa busca fomentar hábitos de vida saudables, promover a actividade física e transmitir valores como o compañeirismo, a cooperación, o respecto e a responsabilidade.

 

Desde a Concellería de Educación destacan a importancia de impulsar actividades complementarias que contribúan ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas, combinando formación, lecer e contacto coa natureza. Ademais, subliñan os beneficios que o surf aporta ao desenvolvemento psicomotor, favorecendo habilidades como a coordinación, o equilibrio, a flexibilidade e a confianza persoal. Con iniciativas como “Surf na Escola”, o Concello de Mos reafirma o seu compromiso cunha educación activa, participativa e vinculada á promoción de hábitos de vida saudables entre a infancia e a mocidade.

 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.18

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.