Vigo
Licitadas 145 vivendas públicas en Navia cun investimento de 30 M€
A delegada territorial Ana Ortiz visitou as parcelas do polígono 2 nas que se construirán 41 novas vivendas deseñadas polos arquitectos Irisarri-Piñera, cunha licitación de 8,9 M€
A Xunta de Galicia vén de licitar nas últimas tres semanas un total de 145 vivendas de promoción pública no barrio de San Paio de Navia, en Vigo, cun investimento que supera os 30 millóns de euros. Así o destacou este sábado a delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, durante unha visita ás parcelas do polígono 2 onde se levantarán 41 destas novas vivendas, acompañada polo director territorial da Consellería de Vivenda, José Manuel González, e polos arquitectos Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera.
O Consello da Xunta autorizou esta mesma semana a licitación das obras para as parcelas M-IIIB-16 e M-IIIB-18, e este venres xa se publicou na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. As empresas poderán presentar ofertas ata o próximo 13 de xullo. O orzamento de licitación para estes dous edificios ascende a 8.885.331,75 euros (IVE incluído), mentres que o proxecto redactado por Irisarri e Piñera foi adxudicado por 320.311,20 euros, incluída a dirección de obra. A este investimento hai que sumar o valor das parcelas, xa urbanizadas pola Xunta.
O proxecto contempla a construción de 41 vivendas de promoción pública, xunto con 41 prazas de garaxe e 41 rochos. Os arquitectos destacaron durante a visita que o deseño aposta por fogares accesibles, luminosos e con espazos comúns abertos, cumprindo todos os estándares de calidade e eficiencia enerxética. O inmoble incluirá ademais dúas vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
“Navia é a mostra do traballo inxente do Goberno galego en materia de vivenda e o ritmo de traballo en Vigo é imparable”, sinalou Ana Ortiz. A delegada lembrou que entre marzo e abril a Xunta licitou case 300 novas vivendas por un total de 63,6 millóns de euros. Actualmente, en Navia hai 927 vivendas públicas en diversas fases de execución, das que 309 xa están en obras. “Estamos ante unha aposta sen precedentes pola vivenda pública nesta cidade”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.144