MOS
O VIII Abrente Folk enche o Auditorio de Torroso e homenaxea o legado das rondallas de Mos
O festival reuniu centos de persoas cunha emotiva homenaxe a 14 directores e referentes das rondallas parroquiais, con mención póstuma a Javier Vila e José Fernández
O Auditorio do Centro Dotacional de Torroso rexistrou o domingo un cheo absoluto coa celebración do VIII Festival Abrente Folk, unha cita xa consolidada na programación cultural de Mos que reuniu centos de persoas arredor da música tradicional e das raíces culturais galegas. O evento contou coa participación do Grupo Folclórico Santa Columba de Ribadelouro, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, a Asociación Cultural Os Zoqueiros, o Coro Galego Abrente e Son do Abrente, que ofreceron unha destacada mostra da riqueza do folclore galego.
O momento máis emotivo da xornada chegou coa homenaxe aos directores e referentes das rondallas de distintas parroquias de Mos, en recoñecemento ao seu compromiso coa conservación e transmisión dunha das tradicións musicais máis arraigadas do municipio. Foron homenaxeados Francisco Romero Lorenzo, José Pérez Bugarín, Ramón Balado Jorge, Jaime Lorenzo Alonso, Agustín Lorenzo Alonso, Manuel Campo Villar, Alfonso Balado Jorge, Joaquín García Pérez, Isidro García Pérez, Francisco Pereiro Costas, Román González Serodio, Javier Alonso Pérez "Chisco" e Cándido Álvarez Campo. Así mesmo, realizouse unha sentida lembranza a título póstumo para Javier Vila Pérez e José Fernández Fernández polo legado que deixaron á cultura popular.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou que "as rondallas forman parte da nosa identidade e da nosa memoria colectiva. Grazas ao esforzo e dedicación de persoas como as homenaxeadas hoxe, esta tradición continúa viva e segue emocionando xeración tras xeración". Os homenaxeados recibiron un agasallo conmemorativo como mostra do agradecemento e recoñecemento de todo o municipio.
O Concello de Mos agradeceu ao Círculo Cultural Abrente a organización desta nova edición do festival, así como a colaboración das entidades participantes e a resposta do público, que converteu unha vez máis o Abrente Folk nunha gran celebración da cultura tradicional galega.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.144