Vigo
A Xunta inviste 6,2 millóns de euros no Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, destacou os máis de 150 científicos do CIM e a captación de 10 millóns en proxectos competitivos nos últimos anos
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), Covadonga Salgado, participaron nos actos de conmemoración do décimo aniversario do Centro de Investigación Mariña (CIM) e das dúas décadas de traxectoria da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT). Durante as súas intervencións, ambos transmitiron o recoñecemento da Xunta pola dedicación e o rigor do labor científico desenvolvido por ambas entidades da Universidade de Vigo.
O representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou un investimento de case 6,2 millóns de euros da Xunta de Galicia para o crecemento do CIM, un dos dez centros que compoñen a Rede CIGUS, que agrupa os centros de investigación excelentes do Sistema Universitario de Galicia. “Este apoio serviu para fortalecer as infraestruturas deste centro e dar estabilidade ao traballo dos seus máis de 150 científicos, un labor que é un referente na investigación para a conservación e uso sustentable dos recursos mariños”, detallou Díez.
Neste contexto, puxo en valor os máis de 10 millóns de euros captados nos últimos anos polo CIM en diferentes proxectos competitivos, as máis de 600 publicacións realizadas polo seu persoal e o nacemento de cinco spin-offs a partir deste centro. Entre os principais fitos científicos salienta a regulación da inxesta de alimento en peixes para unha alimentación máis sustentable na acuicultura, así como avances no desenvolvemento de ferramentas informáticas para avaliar cambios en poboacións debidos á sobreexplotación, o cambio climático ou a deterioración do hábitat.
Pola súa banda, Covadonga Salgado subliñou que Galicia se consolida como unha rexión punteira a nivel internacional no eido do coñecemento marítimo-pesqueiro grazas a un poderoso entramado tecnolóxico onde converxen os departamentos das tres universidades galegas, os institutos do CSIC (IIM e IEO) e as infraestruturas propias da administración autonómica, como o Intecmar, o Centro Tecnolóxico do Mar ou o Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA). Salgado puxo como exemplo os programas Redemar, Volaria e Marislab como exemplos de transferencia de coñecemento para a rendibilidade e sustentabilidade de pescadores e mariscadoras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.144