PROVINCIA DE PONTEVEDRA
A Deputación retirará a sinatura de Leire Díez do seu libro de honra
O presidente provincial, Luis López, anunciou que a institución eliminará a dedicatoria asinada en 2022 pola investigada, vinculada ao PSOE, ao considerar que "non merece estar nin un minuto máis" entre quen honraron a casa.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres que a Administración provincial retirará do seu libro de honra a dedicatoria asinada por Leire Díez, persoa vinculada ao PSOE e investigada pola súa implicación en diversas tramas que buscaban obstaculizar a acción da Xustiza. Díez foi recibida con honores en abril de 2022 pola anterior presidenta da Deputación e actual concelleira de Vigo e presidenta do PSdeG, quen a convidou a asinar no libro de honra co motivo da presentación dun selo sobre a Catedral de Tui, cando Díez ocupaba o cargo de directora de Relacións Institucionais de Correos.
"Non podemos deixar pasar porque atinxe esta institución e a súa boa imaxe e porque nos abochorna como provincia e goberno. Á vista do xa coñecido e á marxe dos procedementos xudiciais en marcha, non merece estar nin un minuto máis entre as persoas que si nos honraron coa súa presenza nesta casa", explicou López.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.187