Lunes, 15 de Junio de 2026

Actualizada Domingo, 14 de Junio de 2026 a las 12:12:30 horas

R. Pontevedra
Lunes, 15 de Junio de 2026 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Aumento do 20% nas axudas ás escolas de música sen ánimo de lucro

O presidente da Deputación, Luis López, anunciou que as escolas recibirán este ano preto de 150.000 euros, o que supón un incremento do 60% no actual mandato para "manter con vida" estas entidades no conxunto do territorio provincial.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou  que as axudas ás escolas de música xestionadas por asociacións sen ánimo de lucro aumentan este ano un 20% o seu crédito ata chegar aos 144.000 euros, unha suba que alcanza o 60% se se compara co orzamento que recibían durante o anterior mandato. A Xunta de Goberno provincial deu luz verde ás bases da nova convocatoria, "dentro do compromiso que mantemos co tecido asociativo da provincia", sinalou López, que tamén asegurou que as axudas son "fundamentais para que estas entidades manteñan con vida as escolas de música no conxunto do territorio da nosa provincia".

 

 

As axudas permitirán financiar gastos de persoal, material de oficina, subministracións, reparación e conservación de locais, reparación de instrumentos, primas de seguros, servizos de asesoría ou xestoría, así como gastos de prevención de riscos ou recoñecemento médico. As subvencións outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e teranse en conta criterios como o número de alumnos, o número de docentes, o orzamento de gastos da escola ou as especialidades impartidas.

 

"Seguimos a dar pasos para que cada ano esta liña conte cun maior crédito que poida atender as demandas destas escolas: con esta nova suba do 20% nos seus recursos, estamos cumprindo a nosa palabra", sinalou o presidente da Deputación. A Deputación ten en conta na súa aposta por estas axudas que as escolas adoitan ser o primeiro contacto con profesionais do eido educativo musical, que transmiten coñecementos e valores culturais á vez que fomentan a práctica da música, e que ademais supoñen un elemento dinamizador do territorio.

 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.182

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.