Galicia
Román Rodríguez destaca o programa InnovaTech FP como "escaparate da I+G+i na FP galega"
O conselleiro de Educación participou na entrega de premios da terceira edición, que bateu récord con máis de 1.250 alumnos e docentes implicados e na que 14 centros resultaron galardoados por dar resposta a retos tecnolóxicos de 20 empresas.
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou o venres o programa InnovaTech FP como "un escaparate da I+G+i, a investigación e a innovación que se desenvolve na FP galega". Na entrega dos premios da terceira edición, celebrada en Culleredo, Rodríguez lembrou que deste certame naceu xa a primeira patente da FP galega, así como unha empresa, o que demostra que estas ensinanzas "son unha oportunidade para o emprendemento do alumnado e tamén para o desenvolvemento dos sectores produtivos de Galicia".
O titular de Educación salientou o récord de participación nesta edición, con 254 equipos inscritos, compostos por 1.016 alumnos e alumnas e arredor de 240 docentes coordinadores. "Máis de 1.250 membros da comunidade educativa galega implicados en analizar os retos propostos polas empresas, investigar posibles solucións, poñelas en práctica e elaborar unha proposta final", dixo. Rodríguez agradeceu tamén a confianza das 20 empresas participantes e felicitou especialmente aos 14 centros galardoados.
O CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) obtivo o premio especial desta edición pola resolución do reto de Naturgy, que inclúe unha visita ao Centro de control de Hidráulicas da empresa en Ourense, unha viaxe a Madrid e unha visita ao Museo Bolarque. O CIFP Ferrolterra (Ferrol) acadou catro premios; o CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) tres; e o CIFP Politécnico de Santiago e o IES Politécnico de Vigo dous cada un. As 20 propostas premiadas incorporaranse á área de emprendemento industrial do Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, onde contarán cos medios dispoñibles para a súa incubación e aceleración, co obxectivo de que poidan derivar na creación de empresas innovadoras e de base tecnolóxica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.182