Miércoles, 22 de Julio de 2026

Actualizada Martes, 21 de Julio de 2026 a las 22:48:45 horas

Redacción Deportes
Domingo, 14 de Junio de 2026 Tiempo de lectura:
DEPORTES

Vinte dornas compiten en Portonovo na primeira regata da Copa Mörling

A 'Fungona', da asociación Dorneiros Regateiros de Cambados, deu a sorpresa e logrou o primeiro posto na XVII Regata do Sepelo. A segunda proba do campionato celebrarase o vindeiro sábado 20 de xuño en Cambados.

Pasadas as catro e media da tarde do sábado, arrancou en Portonovo a XVII Regata do Sepelo, a primeira proba puntuable da Copa Mörling de Dornas a Vela. Aínda que a previsión inicial era dar dúas voltas ao campo de regatas, o escaso vento obrigou a acurtar o percorrido, dando por válida a clasificación ao rematar a primeira volta.

 

 

A sorpresa da regata deuna a dorna 'Fungona', unha embarcación da asociación Dorneiros Regateiros de Cambados, que logrou o primeiro posto seguida da 'Abuelo Tucho', do Clube Mariño Salnés. A catro veces gañadora da Copa Mörling, a 'Pereka', da Asociación Cultural e Deportiva da Illa de Arousa, fíxose co terceiro posto, seguida pola tamén arousá 'Selosa'. O quinto posto foi para a 'Miserela', que se estreaba como participante nesta competición.

 

A Copa Mörling continuará o vindeiro sábado 20 de xuño coa celebración da IX Regata do Salnés en Cambados, organizada conxuntamente polas asociacións A Torre e Dorneiros Regateiros. O circuíto arrancará ás 16:30 horas desde o peirao de Santo Tomé, con reunión de patróns e patroas media hora antes. O campionato, organizado por Culturmar xunto coas asociacións locais de cada porto, inclúe un total de cinco regatas entre xuño e agosto. Despois de Portonovo e Cambados, a Copa seguirá na Illa de Arousa (Triángulo do Cantiño, 27 de xuño), O Grove (Regata dos Faros, 4 de xullo) e rematará o 22 de agosto en Combarro (Poio) coa Regata da Reiboa.

 

A Copa Mörling naceu como mostra de agradecemento á labor realizada polo etnólogo e antropólogo sueco Staffan Mörling en prol da salvagarda das embarcacións tradicionais galegas. Arredor de 50 dornas e un cento de tripulantes participan cada ano neste campionato, cunha media de 25 embarcacións por regata, mantendo vivos uns barcos que son auténticos museos flotantes do pasado e da tradición.

 

 


Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
18.97.14.82

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.