Vigo
O BNG denuncia o veto do Concello de Vigo a concertos nos quioscos de praia e pide unha regulación estable
Ana Martínez critica a decisión en pleno mes de xullo, cando as bandas locais xa tiñan as datas reservadas, e acusa o goberno de improvisar e castigar a música viguesa.
O BNG de Vigo denunciou este sábado a decisión do Goberno municipal de impedir a celebración de concertos nos quioscos de praia de Vigo en plena tempada estival, cualificándoa como "un novo golpe" para os músicos e músicas da cidade ao se producir cando a programación xa estaba pechada e cos artistas locais comprometidos para actuar.
A concelleira do BNG, Ana Martínez, criticou que o executivo de Abel Caballero adopte esta decisión en pleno mes de xullo, cando "as bandas locais teñen as datas reservadas precisamente na época do ano na que máis posibilidades teñen de traballar", e advertiu de que esta actuación evidencia "o absoluto desprezo do Goberno municipal cara ao tecido musical vigués".
Martínez cuestionou a explicación do Concello, que xustifica a prohibición na falta de autorización dos quioscos para organizar concertos. "Se realmente existía un problema legal, por que non actuou o Concello durante todo o verán pasado? Por que permitiu que este ano os quioscos anunciasen a súa programación durante semanas sen facer ningunha advertencia? E, sobre todo, por que non buscou con tempo unha solución que evitase prexudicar os artistas e as artistas locais?", preguntou.
Para o BNG, a decisión evidencia unha maneira de gobernar baseada en "prohibir e improvisar", trasladando as consecuencias da falta de planificación municipal ás persoas profesionais da cultura. A formación considera que este episodio non é un feito illado, senón que responde a unha política continuada de falta de apoio á música feita na cidade. Ana Martínez lembrou que o Goberno municipal leva anos a dificultar a celebración de concertos en locais de música ao vivo, continúa excluíndo o talento vigués da programación dos concertos de Castrelos e nunca chegou a materializar o festival dedicado aos grupos locais que o alcalde prometeu en reiteradas ocasións. "A realidade é que este goberno municipal despreza todo o que non controla", resumiu.
O BNG estendeu as súas críticas á Xunta e á Deputación de Pontevedra, ás que responsabiliza de manter unha política cultural que tamén ignora a creación musical galega e viguesa, poñendo como exemplo a programación do Galicia Fest. "O desprezo pola música feita aquí é compartido por Concello, Xunta e Deputación. Mentres destinan orzamentos millonarios á contratación de artistas foráneos, continúan dando as costas ás músicas e músicos vigueses", afirmou Martínez.
Desde o BNG reclaman un cambio de rumbo nas políticas culturais municipais para garantir condicións dignas ao sector musical e favorecer unha programación plural e estable. Propoñen que o Concello impulse unha normativa clara para regularizar a celebración de pequenos concertos nos quioscos de praia e noutros espazos, e demandan un compromiso efectivo coa creación musical local. "O que precisa Vigo non son máis prohibicións nin máis improvisación, senón unha política cultural que respecte ás profesionais da música, apoie o talento local e garanta o dereito da cidadanía a acceder a unha oferta cultural diversa e de calidade", concluíu Martínez.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.108