Martes, 14 de Julio de 2026

Actualizada Martes, 14 de Julio de 2026 a las 17:20:33 horas

Redacción MOS
Martes, 14 de Julio de 2026 Tiempo de lectura:
MOS

Little Electric Car, pionera en Mos en la reutilización de baterías de ion-litio

La alcaldesa y la conselleira de Medio Ambiente visitan la planta que lidera un proyecto piloto para dar una segunda vida a las baterías de vehículos eléctricos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañou esta mañá á conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, na visita institucional ás instalacións da empresa Little Electric Car, situadas no municipio. Durante o percorrido, a rexedora destacou que "é un orgullo para Mos contar con empresas pioneiras que apostan pola innovación, a economía circular e a creación de emprego vencellado á sustentabilidade, situando ao noso concello como un referente nun sector de futuro".

 

 

A Xunta de Galicia subliña o potencial da Comunidade para converterse nun referente desde o punto de vista industrial e da innovación tecnolóxica en materia de preparación para a reutilización das baterías de ión-litio, un sector con amplas posibilidades debido ao auxe dos vehículos eléctricos e chamado a ser clave para avanzar nos obxectivos da transición ecolóxica.

 

Acompañadas tamén pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, as responsables políticas visitaron as instalacións de Little Electric Car en Mos, empresa dedicada ao desenvolvemento de solucións de mobilidade eléctrica e que desde xaneiro de 2024 lidera un proxecto piloto pioneiro en Galicia para reutilizar baterías de vehículos eléctricos ao final da súa vida útil.

 

A iniciativa céntrase na aplicación da I+D+i para darlles un novo uso a este tipo de baterías ou, polo menos, recuperar unha parte dos seus compoñentes, que teñen un alto valor engadido. O proceso consiste en desmontar as baterías para analizar individualmente cada unha das celas que as compoñen e reutilizar aquelas que manteñen aínda prestacións suficientes para fabricar novos sistemas de almacenamento enerxético.

 

Nesta liña, a conselleira destacou as múltiples posibilidades de crecemento e de creación de emprego verde que ofrece para as empresas galegas a aplicación dos principios da economía circular á xestión dos residuos derivados da electrificación progresiva da mobilidade.

 

Vázquez sinalou que, a día de hoxe, son poucas as iniciativas de remanufacturación e aproveitamento de baterías de ión-litio que se están a desenvolver, pero subliñou o seu potencial a futuro tendo en conta o crecemento previsto do parque móbil eléctrico nos próximos anos e a necesidade asociada de xestionar de forma sostible as baterías que vaian quedando en desuso. Por iso, considerou fundamental que Galicia se anticipe e consolide a súa posición como referente nun sector clave para a competitividade industrial e a transición ecolóxica.

 

A conselleira destacou que a Xunta sempre brindará o seu apoio a iniciativas que, como a visitada hoxe en Mos, estean aliñadas cos obxectivos da Estratexia Galega de Economía Circular en materia de prevención, preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos, uso eficiente dos recursos e das materias primas, impulso á innovación ambiental e transición cara a unha economía descarbonizada.

 

Así, avanzou que tras dous anos e medio traballando no proxecto a nivel experimental e en base á experiencia adquirida, o seu departamento xa está a tramitar a autorización definitiva da planta de Mos de Little Electric Car —empresa pertencente ao Grupo TORGO Corporate— como xestora deste tipo de residuos, cunha capacidade máxima estimada de 100 toneladas anuais de baterías de ión-litio.

 

Tras salientar que Galicia lidera a redución de emisións netas de gases de efecto invernadoiro de toda España —cun 68,5% menos que en 1990, ano de referencia para as políticas en materia de clima—, Ángeles Vázquez insistiu en que hai que seguir traballando neste eido e que para lograr o obxectivo da neutralidade climática na Comunidade no horizonte de 2040 necesítase o compromiso das empresas coa I+D+i e a sostibilidade industrial, ademais de políticas públicas eficaces.

 

 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.7

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.