Seguridade viaria
Galicia inviste 71,5 millóns récord en conservar as estradas
O plan de conservación viaria para 2026 inclúe reforzos de firme, inspección de pontes e o mantemento do dispositivo de vialidade invernal.
A Xunta de Galicia destinará este ano, 71,5 millóns de euros á conservación e mantemento da rede autonómica de estradas, o que supón o maior investimento realizado ata agora neste ámbito. Este investimento récord sitúase no contexto dunha rede que suma preto de 5.500 quilómetros, onde a súa conservación constitúe unha prioridade estratéxica para o Goberno galego de garantir a conectividade, a competitividade económica e a cohesión territorial.
Máis recursos: conservación ordinaria, vialidade invernal e reforzos de firme
Entre as partidas destacadas figuran o incremento nos fondos para conservación ordinaria e vialidade invernal, así como o Plan de reforzos de firme, dotado este ano con 27 millóns de euros.
![[Img #105316]](https://xornal21.com/upload/images/07_2026/9811_dsc_5141.jpg)
A Xunta mantén contratos activos nas sete áreas en que se divide a rede autonómica —A Coruña norte e sur, Lugo norte e sur, Ourense, e Pontevedra norte e sur—, cun investimento conxunto de máis de 175 millóns de euros para os próximos catro anos.
Entre os traballos que se desenvolven inclúense labores de limpeza e roza, reparacións de firme, mantemento da sinalización horizontal e vertical, atención a incidencias e accidentes, retirada de obstáculos e actuacións específicas para garantir a vialidade durante episodios meteorolóxicos adversos.
Case 54 millóns en reforzos de firme en marcha
Nas catro provincias avanzan neste momento actuacións de reforzo de firme por un importe total próximo aos 54 millóns de euros.
En Pontevedra hai obras en marcha en concellos como Bueu, Cangas, A Guarda, Oia, O Rosal, Mondariz, As Neves ou Vilagarcía, ademais de novas actuacións previstas en Agolada e A Estrada, e outras xa licitadas en Vigo, Redondela, Lalín ou Rodeiro.
En Coruña avanzan os reforzos en sete estradas autonómicas e a rehabilitación integral da AG-11, cunha nova fase de obras prevista en Lousame, Noia, Ames, Boqueixón, Teo e Santiago.
En Ourense seguen as actuacións de conservación urbana na capital, e nas próximas semanas comezarán obras en seis estradas ao seu paso por Maceda, Allariz ou San Cibrao das Viñas.
En Lugo está prevista a execución de reforzos de firme en vías que atravesan Lugo, Castro de Rei, Vilalba, Monforte de Lemos, Sarria e Portomarín.
Pontes e obras de paso: máis de 13 millóns
Cómpre destacar tamén o sistema de xestión de pontes e obras de paso desenvolvido pola Xunta de Galicia como ferramenta clave para priorizar actuacións e garantir a seguridade estrutural.
![[Img #105315]](https://xornal21.com/upload/images/07_2026/5386_11-03-26-2-1.jpg)
A Xunta de Galicia destina máis de 13 millóns de euros á inspección e conservación destas infraestruturas durante os próximos catro anos, a través de dous contratos centrados na inspección, redacción de proxectos e execución das actuacións necesarias.
Os traballos inclúen substitución de xuntas de dilatación, reparación de sistemas de drenaxe e contención, limpeza de paramentos ou reparación de fisuras e gretas.
Ademais, dentro das actuacións en materia de conservación investiranse este ano preto de 900.000 euros na conservación de muros e noiros existentes da rede autonómica, dentro da estratexia impulsada pola a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático destas estruturas.
En definitiva, a Xunta de Galicia mantén unha política de planificación, investimento e mantemento constante para garantir unhas estradas de titularidade autonómica seguras e en boas condicións para todos os galegos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.207