Lunes, 10 de Agosto de 2026

Actualizada Domingo, 09 de Agosto de 2026 a las 13:44:59 horas

Redacción Mondariz Balneario
Lunes, 10 de Agosto de 2026 Tiempo de lectura:
Senda ciclista

O BNG denuncia a exclusión de Mondariz Balneario da senda da PO-254

A formación nacionalista acusa á Xunta de discriminar ao concello nun proxecto de 1,9 millóns de euros que conectará Ponteareas e Mondariz

O BNG de Mondariz Balneario denunciou este venres a decisión da Xunta de Galicia de excluír o municipio do proxecto de construción da senda peonil e ciclista prevista na estrada PO-254 entre Ponteareas e Mondariz, unha actuación orzada en case 1,9 millóns de euros. Para a formación nacionalista, esta exclusión constitúe unha discriminación para a veciñanza e carece de lóxica desde o punto de vista da mobilidade e da seguridade viaria.

 

 

O portavoz do BNG e alcalde de Mondariz Balneario, César Gil, considerou "incomprensible que un proxecto que pretende mellorar a mobilidade entre Ponteareas e Mondariz deixe fóra precisamente o concello situado entre ambos, un dos principais centros turísticos e de servizos da comarca do Condado". Gil engadiu que "é difícil non interpretar esta decisión como un novo exemplo do uso partidista que o PP fai dos investimentos da Xunta" e lembrou que "esta situación súmase ao bloqueo que sofre a recuperación da Fonte de Troncoso, outro exemplo do trato discriminatorio que recibe Mondariz Balneario por parte do Goberno galego".

 

O BNG subliñou que a exclusión do municipio non só carece de xustificación política, senón tamén técnica, xa que a estrada PO-254 é utilizada diariamente por numerosos peóns e ciclistas que se desprazan entre Ponteareas, a parroquia de Pías, Mondariz Balneario e Mondariz sen dispoñer dunha infraestrutura segura, compartindo a calzada co tráfico rodado. A formación lembrou ademais que xa presentou emendas aos Orzamentos da Xunta para 2026 co fin de habilitar unha conexión peonil entre Mondariz Balneario e Mondariz, proposta que foi rexeitada polo PP.

 

Por todo iso, a formación nacionalista reclamou á Xunta de Galicia e á Axencia Galega de Infraestruturas que rectifiquen o proxecto e incorporen unha senda peonil e ciclista continua entre Ponteareas, Mondariz Balneario e Mondariz, garantindo unha planificación baseada no interese xeral e non en criterios partidistas.

 

 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.142

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.