Cultura en Galicia
Máis de 3.600 actividades culturais este verán en 200 concellos da man da Xunta
A campaña 'Para gustos, cultura' desprega unha oferta diversa e descentralizada con teatro, música, exposicións e festivais na antesala do Xacobeo 2027
O verán galego transcorre este ano cunha programación cultural sen precedentes. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha a segunda edición da campaña 'Para gustos, cultura', que se estende entre xuño e setembro cun total de 3.653 actividades repartidas por 200 concellos. A oferta supón un incremento significativo con respecto ao ano pasado e consolida o impulso do sector cultural galego de cara á celebración do Xacobeo 2027.
A programación, impulsada polo Goberno galego tanto con proxectos propios como en colaboración con outras administracións e entidades privadas, abrangue unha ampla variedade de disciplinas: teatro, danza, música, maxia, circo, produción audiovisual, literatura, exposicións, festivais e actividades de dinamización en museos, arquivos e bibliotecas. Trátase dunha oferta plural, diversa e descentralizada, deseñada para todos os públicos e con especial atención ao rural, en liña coa Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia.
![[Img #105587]](https://xornal21.com/upload/images/08_2026/9138_don_gelati.jpg)
Artes escénicas e música
O apartado de artes escénicas e música concentra preto de 920 actividades, entre as que destacan os circuítos consolidados de teatro, danza e maxia, con especial presenza dos espectáculos de rúa. O programa 'Cultura no Camiño' percorre os concellos das rutas xacobeas con máis de 300 funcións para todo tipo de público, con especial atención ao familiar. O Centro Dramático Galego suma 37 actuacións, coa coprodución Ñiquiñaque como un dos títulos principais, mentres que o ciclo Danza 3 programa 14 citas e a Rede de Teatros e Auditorios de Galicia acolle 11 funcións.
A música ocupa un lugar central, cun calendario que vai desde a tradición galega ata propostas internacionais. Os concertos de Milladoiro, Luar na Lubre, Emilio Rúa ou Uxía conviven co ciclo 'Atardecer no Gaiás', que ofrece 15 concertos nos exteriores da Cidade da Cultura. A estes súmanse os grandes festivais baixo a marca 'Concertos do Xacobeo', as 88 festas de interese turístico e os festivais de teatro, literatura e audiovisual que completan unha oferta de máis de 600 iniciativas vinculadas a este tipo de eventos. Entre eles, o Festival Atlántica de narrativa, o Festivalle, a Festa da Palabra na Ínsua dos Poetas, o FIC Bueu de cinema, a Mostra de Teatro de Ribadavia ou o Festival Agustín Magán de Teatro Afeccionado.
Museos, bibliotecas e dinamización cultural
A Dirección Xeral de Cultura impulsa máis de 1.354 actividades de dinamización en diversos espazos do territorio. Destacan as 500 accións desenvolvidas a través dos museos, arquivos e bibliotecas xestionados directamente pola Xunta. Nestes equipamentos, ademais de obradoiros e visitas guiadas, pódense visitar preto de 30 exposicións durante o verán, como 'Voces do Pacífico. Innovación e tradición' na Cidade da Cultura, que reúne máis de 200 obxectos da colección do British Museum; 'Illa Ignorada' no Centro Galego de Arte Contemporánea; ou 'Habana Mater. 2003-2023. Luis Gabú' no Museo de Belas Artes da Coruña.
A Rede de Bibliotecas Públicas ofrece campamentos, obradoiros e accións de animación á lectura a través do programa 'Ler conta moito', mentres que o servizo de bibliotecas móbiles, 'A Furgoteca', achega estas actividades a 30 municipios das provincias de Lugo e Ourense a través das súas tres rutas. As Feiras do Libro, que se celebran en oito localidades durante o verán, completan esta oferta con máis de 400 propostas.
Lingua e creación artística
A promoción do galego no tempo de lecer é outra das claves da tempada. O programa 'Falaredes' pon en marcha unha trintena de propostas entre monólogos e pezas teatrais, ás que se suman os relatorios 'Toponimízate', que versan sobre os nomes dos lugares de Galicia. A programación complétase coas residencias artísticas, como as Residencias literarias de San Simón e as da Cidade da Cultura, que permiten a creadores e creadoras desenvolver e compartir os seus coñecementos.
![[Img #105588]](https://xornal21.com/upload/images/08_2026/4578_cultura-3.jpg)
A campaña 'Para gustos, cultura' pódese consultar ao detalle na Axenda de Cultura de Galicia. Con esta programación, a Xunta consolida a evolución dunha axenda que, desde as 2.500 actividades de 2023, non deixa de medrar, e que este ano dá un paso máis na antesala do Ano Santo, reafirmando o seu compromiso cun sector cultural estratéxico para Galicia

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102