PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Luisa Sánchez anima a "vivir o monte" de Vigo coa segunda proba do circuíto Entre Pontes
A cita deportiva, que terá lugar o 12 de outubro no Parque Forestal de Beade, ofrecerá un trail de 14 km, unha andaina familiar de 4,6 km e carreiras infantís, con inscrición gratuíta.
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, animou este luns a participar na segunda parada do circuíto Entre Pontes Trail & Running, que se celebrará en Vigo o vindeiro 12 de outubro. A cita deportiva, que combinará deporte e natureza, permitirá "vivir o monte" a través dun trail, unha andaina familiar e accesible, e carreiras infantís, todas elas con inscrición gratuíta.
Durante a presentación, na que tamén participou a directora de Deportes, Xisela Aranda, e o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González, Luisa Sánchez puxo en valor a riqueza forestal da cidade e o emprazamento escollido: o Parque Forestal de Beade, onde se situarán a saída e a meta. "O monte hai que vivilo. Adoitamos desfrutalo con pausa, vindo merendar ou comer con amizades, pero tamén podemos gozar del facendo deporte", explicou.
A proba ofrecerá tres modalidades: un trail de 14 quilómetros, unha andaina familiar de 4,6 quilómetros deseñada para ser accesible, e carreiras infantís de 2,9 quilómetros. "Queremos que calquera poida participar: quen corre todas as semanas, quen está empezando, quen quere probar un trail por primeira vez, quen prefire camiñar ou quen simplemente quere pasar un bo día", destacou Luisa Sánchez.
As inscricións, abertas desde este luns, son de balde e todas as persoas participantes recibirán a camiseta técnica oficial da proba. A organización habilitará unha zona de convivencia con foodtrucks ao rematar a carreira, e establecerá un compromiso de cero residuos, polo que se solicitará ás persoas participantes que utilicen os puntos habilitados nos avituallamentos e colaboren na recollida de residuos.
Luisa Sánchez fixo un chamamento a non agardar para inscribirse, xa que a primeira proba do circuíto, celebrada entre A Illa de Arousa e Vilanova de Arousa, esgotou as 500 prazas en só dous días. "Despois do que pasou coa primeira proba, xa sabemos que as prazas poden durar bastante menos do que pensamos", advertiu.
O circuíto Entre Pontes está formado por seis probas (tres carreiras 10K e tres trails de 14 km) que buscan achegar a práctica deportiva a diferentes puntos da provincia e convidar a coñecer o territorio desde outra perspectiva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215