Redondela
Redondela impulsa su patrimonio con nueve roteiros ambientales y culturales en setiembre
El programa arranca el viernes 4 con una ruta por la flora y fauna de Cabeiro, y ofrece paseos nocturnos, rutas fluviales y observación de aves, con salidas gratuitas salvo el kayak turístico.
O Concello de Redondela presentou o calendario de "Roteiros Ambientais e Culturais" para o mes de setembro, unha iniciativa coordinada polas áreas de Turismo e Cultura e de Infraestruturas e Sostibilidade que busca dinamizar o turismo de proximidade e concienciar sobre o valor ecolóxico, histórico e paisaxístico do municipio. Todas as experiencias son guiadas e gratuítas, agás a ruta en kaiak, que ten un prezo reducido de 20 euros.
O programa arrinca este venres 4 de setembro cunha andaina centrada na Flora e Fauna de Cabeiro, que se desenvolverá polos Montes de Cabeiro en horario de 19.00 a 21.00 horas. A partir de aí, sucederanse oito propostas máis ata finais de mes: paseos nocturnos polo río Maceiras (sábado 5) e pola Punta de Cesantes (sábado 12), rutas ambientais polo bosque do río Fondón (domingo 6), polo río Pexegueiro (domingo 13) e polos Montes de Ventosela (domingo 27), así como unha saída de kayak turístico á Portela (domingo 6) e unha xornada de observación de aves limícolas na Senda da Portela (venres 18).
A concelleira de Turismo e Cultura, Rita Pérez, destacou a importancia de abrir estas actividades tanto á veciñanza como aos visitantes: "Queremos que Redondela sexa un referente de turismo cultural e de experiencias. Este programa permite poñer en valor o noso patrimonio inmaterial, as nosas lendas e historia, combinando o lecer cunha aprendizaxe activa e accesible para todos os públicos". Pola súa banda, o edil de Sostibilidade, Roberto Villar, puxo o foco no respecto polo medio ambiente e o descubrimento dos ecosistemas locais: "Estes roteiros son unha ferramenta perfecta para concienciar sobre a protección da nosa biodiversidade".
As prazas son limitadas e requiren reserva previa na Oficina de Turismo

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.103