Lunes, 05 de Octubre de 2026

Actualizada Domingo, 04 de Octubre de 2026 a las 21:51:20 horas

Redacción REDONDELA
Jueves, 03 de Septiembre de 2026 Tiempo de lectura:
Redondela

Redondela invierte 185.000 euros en la mejora de dos caminos en la parroquia de Reboreda

Las obras, que ya están adjudicadas, incluyen la renovación integral del firme y la mejora de las redes de recogida de aguas pluviales en el Camiño do Casal y la Estrada da Quintana.

O Concello de Redondela adxudicou as obras de pavimentación e mellora de servizos en dous camiños da parroquia de Reboreda: o Camiño do Casal e a Estrada da Quintana, cun investimento total de 185.864,55 euros. As actuacións, que xa están contratadas, forman parte do plan municipal de investimento nas parroquias, dotado con 2,7 millóns de euros.

 

 

A intervención de maior orzamento executarase no Camiño do Casal, no barrio de Asnelle de Abaixo, cun custo de 143.756 euros, e inclúe a renovación de 660 metros de firme, a instalación dunha nova rede de recollida de augas pluviais de 420 metros e a ampliación do viario nun treito en curva mediante muros de contención de granito. A superficie total renovada será de 3.672 metros cadrados.

 

Na Estrada da Quintana, cun orzamento de 42.108 euros, os traballos afectarán un tramo de 400 metros, desde o número 102 ata o encontro co Camiño Poza do Monico, onde se estenderá unha nova capa de rodaxe e se mellorará o sistema de drenaxe con tubaxe de PVC.

 

A alcaldesa, Digna Rivas, subliñou que "estas obras no rural son unha prioridade absoluta para este Goberno co fin de equiparar as condicións de vida, mobilidade e servizos de todas as parroquias". O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, detallou que non se trata de simples parches no firme, senón de actuacións integrais que mellorarán a seguridade viaria e previrán asolagamentos.

 

Os traballos coordinaranse para minimizar as molestias no tráfico da parroquia durante o seu desenvolvemento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
18.97.14.87

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.