O Porriño
O BNG denuncia actos vandálicos no cemiterio do Porriño
A forza nacionalista solicitou en xullo unha solución para os roubos de cobre, mármores e materiais dos nichos, e denuncia que o acceso ao camposanto permanece aberto sen vixilancia.
O BNG do Porriño denunciou que os actos vandálicos no cemiterio municipal continúan sen resposta por parte do goberno local, que dirixe Alejandro Lorenzo (PP). A formación nacionalista asegura que os roubos de cobre, cables, mármores, marcos con cristais e outros materiais dos nichos e tumbas se multiplicaron nos últimos meses, causando preocupación entre a veciñanza.
Segundo o BNG, un dos accesos ao camposanto permanece sempre aberto e o espazo carece de vixilancia, o que facilita estes actos delituosos. A forza nacionalista presentou en xullo unha solicitude de solución, pero o alcalde respondeu no pleno evidenciando que non se adoptou ningunha medida. "Non é un problema menor. Os cemiterios son espazos moi sensibles para a cidadanía. Son lugares de memoria e de respecto aos e ás que xa non están", afirmou Marcelo Rodríguez, membro do grupo do BNG.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.221