Galicia
A Xunta defende a fusión de concellos tras dez anos de Cerdedo Cotobade
Diego Calvo asegura que o municipio fusionado ten máis recursos, débeda cero e impostos máis baixos, e aposta por estender a cooperación entre concellos.
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, defendeu este mércores no Parlamento a aposta da Xunta pola xestión compartida de servizos entre concellos e as fusións voluntarias, durante a avaliación dos dez anos de existencia de Cerdedo Cotobade como municipio fusionado. Segundo sinalou, unha década despois, o novo municipio conta con máis recursos, sen débeda, con impostos máis baixos e con máis capacidade para investir e prestar servizos. Trátase de resultados "avalados polos datos e polo estudo A planta local galega: impulso aos procesos de fusión municipal", elaborado coa colaboración da Fundación Juana de Vega e das tres universidades galegas.
Segundo puido saber este medio, o conselleiro salientou que o municipio recibiu 12,3 millóns de euros procedentes das distintas liñas de colaboración da Dirección Xeral de Administración Local, dos que 10,6 millóns corresponden ao Fondo de Fusións. Ademais, subliñou que o concello mantén débeda cero desde o ano 2019, o que evidencia unha xestión económica eficiente. En materia fiscal, puxo en valor a redución de diferentes impostos e taxas municipais, entre outros indicadores positivos que reflicte o informe universitario sobre os efectos da integración municipal.
Calvo lembrou que Galicia foi pioneira en España nos procesos de fusión voluntaria, con Oza Cesuras en 2013 e Cerdedo Cotobade en 2016, unha ferramenta voluntaria enmarcada na defensa da cooperación entre concellos. Nesta liña, incidiu en que o Goberno galego seguirá apoiando as iniciativas que xurdan dos propios concellos. Así, sinalou que a nova Lei de Administración Local de Galicia, actualmente en tramitación parlamentaria, afonda nesta idea porque actualiza o marco regulador do municipalismo galego e reforza as posibilidades de cooperación. Entre as fórmulas previstas na norma referiuse ás áreas funcionais de carácter temporal, ás agrupacións de persoal para facilitar que varios concellos poidan compartir profesionais especializados ou ás fusións voluntarias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.15