GALICIA
Allegue reclamará en Bruxelas o expediente da AP-9
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, viaxa esta semana a Bruxelas para reclamar o expediente completo sobre a nulidade da prórroga da concesión da autoestrada AP-9. A responsable autonómica, acompañada pola directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, manterá un encontro co director xeral dos Servizos Xurídicos da Comisión Europea, Alberto de Gregorio, para coñecer de primeira man a tramitación europea deste asunto, segundo informou a Consellería.
Allegue lembrou que a Xunta quere coñecer o expediente e cal foi a resposta do Estado á Comisión Europea tras o ditame sobre a prórroga da concesión. Apuntou que xa se solicitara a documentación ao Ministerio de Transportes o pasado ano e lle foi denegada, polo que a Administración presentou posteriormente recurso contencioso-administrativo ante a Audiencia Nacional, que se atopa visto para sentenza. «É unha cuestión fundamental para Galicia —subliñou Allegue—. Galicia necesita saber o que está a acontecer. Queremos coñecer como está ese expediente e que pode suceder como consecuencia do mesmo».
A conselleira tamén abordará nesta viaxe o financiamento europeo dirixido ao fomento da vivenda pública. Deste xeito, reunirase tamén en Bruxelas co eurodiputado do Partido Popular Borja Giménez Larraz, poñente de vivenda no Parlamento europeo, para tratar o novo Marco Financeiro Plurianual 2028-2034. Allegue lembrou que Galicia ten unha forte aposta en materia de vivenda tanto en construción como na habilitación de solo «e queremos coñecer cal é o financiamento que existirá para a vivenda e a posibilidade de que sexa transferido directamente a Galicia».

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.174