Miércoles, 22 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 31 de Diciembre de 2014 Tiempo de lectura:
Mos

Os Reis Magos chegan este ano a Mos montados a cabalo

Tres exemplares mosenses da Asociación Rutas a Cabalo conducirán a Melchor, Gaspar e Baltasar a tarde do 5 de xaneiro pola Avenida de Sanguiñeda

[Img #17125]O Concello de Mos organiza desde a concellería de Cultura que dirixe a edil Sara Cebreiro diferentes actividades infantiles enmarcadas entorno á celebración do día de Reis. Por unha banda os Reis Magos de Oriente visitarán o domingo 4 de xaneiro ás 18.00 horas o Pazo de Mos, onde a continuación terá lugar un espectáculo de maxia e animación a cargo do Rei Midas, e desfilarán montados a cabalo o luns 5 de xaneiro tamén ás 18.00 horas na Cabalgata de Reis que discurrirá pola Avenida de Sanguiñeda. Os cabalos que montarán as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente son exemplares pertencentes á mosense Asociación Deportiva Rutas a Cabalo.

 

Na Cabalgata de Reis desfilarán, ademais dos Magos de Oriente, un total de sete asociacións mosenses e tres rondallas. As agrupacións de diferente índole participantes son a Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do CEIP de Atín, o Círculo Recreativo e Cultural de Torroso, a Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña, o Círculo Cultural Abrente, a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, ASODIFISI (Asociación de Dimnuídos Físicos e Psíquicos de Mos) e a Asociación Recreativa Cultural de Guizán; e cada unha delas aporta unha carroza confeccionada por eles mesmos que desfilará na cabalgata xunto cos integrantes de cada un dos colectivos. Este ano o Belén Vivinte será representado polos membros do Círculo Cultural Abrente.

 

Por outra banda, as tres rondallas que amerizarán musicalmente a tarde da víspera de Reis serán a de Herville (Cela), a Rondalla de Santa Eulalia de Mos e a de San Salvador de Louredo.

 

A Asociación Deportiva Rutas a Cabalo, importante colaboradora este ano coa Cabalgata de Reis de Mos,  desenvolve a súa actividade dentro do Concello de Mos e promove a asistencia a numerosas actividades que teñen que ver co mundo do cabalo e da natureza. Este club colabora en actos sociais mediante a asistencia a conferencias e exposicións ecuestres entre outras. O seu obxectivo principal é potenciar os paseos a cabalo, tanto dentro como fóra do municipio mosense, ademais de facer fincapé na popularización dos numerosos curros que se realizan en todo o ámbito galego.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.