Mos
Mos proxecta para o 2015 o arranxo dun novo tramo da Estrada Generoso Domínguez en Cela
Con esta mellora, que será subvencionada pola Deputación, o Concello suma 25 viais recuperados nos últimos dous anos
![[Img #17161]](upload/img/periodico/img_17161.jpg)
Fai poucos días o Concello de Mos anunciaba que se xa se atopaba aberta ó tráfico a parte da Estrada Generoso Domínguez, na parroquia de Cela, que tivera que ser reparada por mor dun afundimento do firme da mesma causado polos temporais acontecidos o pasado inverno. O Concello de Mos elaborou un proxecto de rehabilitación do firme deste vial, cun orzamento de execución de 200.000 euros, que foi financiado íntegramente pola Deputación de Pontevedra a través dunha liña de subvencións urxentes da que a administración provincial dispón en casos de catástrofes naturais.
Pois ben, para dar continuidade a esta obra, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, informou hoxe de que se continuará no presente 2015 coa mellora doutro tramo desta estrada, que constitúe un dos principais viais municipais que rexistra un dos maiores índices de tránsito rodado. É unha infraestructura de vital relevancia para as comunicacións viarias dos veciños de Cela en particular e de Mos en xeral.
Os traballos a realizar consistirán na rehabilitación superficial do firme dun tramo duns 1.340 metros de lonxitude do vial municipal Generoso Domínguez, que inclúe o recrecido do pavimento con 5 centímetros de mezcla bituminosa en quente, limpeza e desbroce de marxes e levantado de tapas. O orzamento da obra ascende a preto de 80.000 euros.
A Estrada Generoso Domínguez pasa polas parroquias de Tameiga e Cela, e o novo tramo que se vai optimizar este ano atópase ubicado na parroquia de Cela, concretamente no Barrio do Coto. Tratarase dunha obra que será acometida con cargo ó novo Plan de Infraestructuras da Deputación de Pontevedra para o presente ano, do que se beneficiará o Concello de Mos para poder continuar co programa de recuperación de estradas que iniciou fai xa dos anos, no 2013, e a través do que se arranxaron xa un total de 25 viais da localidade mosense.
A rexedora local e o concelleiro de Limpeza Viaria que é ademais natural da parroquia de Cela, Cándido Pérez, visitaron esta mañá xunto cos técnicos encargados da redacción do proxecto, o novo tramo a optimizar da Estrada Generoso Domínguez, que é a zona deste vial na que o asfalto se atopa máis deteriorado.
Optimización integral das estradas de Cela
Ademais da de Generoso Domínguez (200.000 euros), o goberno municipal mosense logrou xestionar durante o pasado ano 2014 a mellora doutras vías da parroquia de Cela sumando un total de 750.000 euros en fondos destinados ós asfaltados da estrada de Costa da Morte (300.000 euros) e Rúa de Justo José González Ballesta e os catro camiños en Herville de Laxe, Cestiña, Salgueiro e Cruces (250.000 euros entre estes cinco últimos).
Así, unha vez iniciado o proceso para arranxar a segunda fase da Estrada Generoso Domínguez, o Concello de Mos ven de facer unha optimización integral dos viais da parroquia de Cela que precisaban dunha mellora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136