Mos
A concellería de Educación reliza un programa sobre alimentación saudable
A iniciativa vai dirixida ó alumnado de cuarto curso de Primaria
Os días 8 e 29 de xaneiro e 5 e 12 de febreiro desenrolarase a actividade ‘Visita o teu súper’ que a concellería de Educación mosense que dirixe a edil Kely Monzón organiza enmarcada dentro do programa de alimentación saudable en Educación Primaria.
A actividade consistirá nunha sesión formativa formada por unha charla inicial de 30 minutos no propio centro educativo en cuestión, na cal se ofrecerá información básica sobre alimentación, consumo e dereitos dos consumidores. E posteriormente, 60 minutos de saída onde se remarcará a formación ofrecida a través da visita ás instalacións do supermercado Eroski, situado na Avenida de Sanguiñeda.
Sobre esta iniciativa Monzón explicou que “o obxectivo da prevención primaria é reducir ou eliminar todos aqueles factores que incrementan a probabilidade de que se produza un trastorno, neste caso alimentario, ó tempo que se aumentan as capacidades persoais e o apoio do entorno. No caso dos trastornos da conduta alimentaria, a desinformación ou as nocións erróneas sobre a alimentación, cobren un dos principais postos nos factores que o desencadean. Dende esta concellería, consideramos a escola como un dos lugares , máis adecuados para modificar hábitos, concienciación, información, xa que é a etapa da educación básica onde se inician e consolidan hábitos para a vida adulta. Por este motivo, coa interacción e cooperación entre profesorado, alumnado, familias, e entidades colaboradoras, poderase contribuír a que os nosos cativos adquiran estilos de vida saudables, fortalezan comportamentos responsables e se desenvolvan adecuadamente nos diferentes ámbitos da vida”, declarou a concelleira.
Os obxectivos deste programa son promover hábitos de vida saudable, proporcionar información adecuada sobre a alimentación, facilitar o desenvolvemento do comportamento responsable como cidadáns e informar sobre a promoción e defensa dos intereses e dereitos dos consumidores.
Os destinatarios desta actividade serán o alumnado de 4º curso de Educación Primaria do Colexio de Atín (19 nenos e nenas), do CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda (20 nenos e nenas), do CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro Mos (20 nenos e nenas) e do Colexio Lar (32 nenos e nenas). En total participarán 91 cativos destes catro centros educativos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136