Sábado, 18 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 09 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os mosenses poden solicitar o fraccionamento en 8 prazos dos impostos municipais ata o 15 de xaneiro

Os interesados en fraccionar o pago en 2 prazos teñen ata o 30 de marzo para solicitalo

[Img #17182]Coincidindo co inicio do novo ano 2015, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, aproveitou para lembrarlles ós veciños e veciñas de Mos a posibilidade de beneficiarse do Plan Personalizado de Pagamento de Impostos Municipais nas súas dúas vertentes: pago fraccionado en 2 prazos e pago fraccionado en 8 prazos.  A rexedora local informou tamén de que para adherirse a estes fracionamentos xa no presente exercicio 2015 existen uns prazos de solicitude que rematan o vindeiro xoves 15 de xaneiro no caso de querer fraccionar o pago en 8 prazos e o día 30 de marzo no caso de estar interesado no sistema de fraccionamento en 2 prazos.

 

Este Plan Personalizado de Pagamento de Impostos Municipais é unha indiscutible facilidade para os contribuíntes mosenses posto que implica a posibilidade de fraccionamento de calquera dos impostos municipais, que poden realizar nas dúas modalidades arriba mencionadas. Ou ben en dous prazos dentro do período voluntario de pagamento aboando o 50% do total do importe ó principio do período voluntario e o 50% restante ó final do mesmo. Ou ben en ata 8 prazos sen intereses coincidindo o último prazo de pago co último mes do período voluntario de pagamento.

 

Para obter máis información sobre calquera destas dúas modalidades de fraccionamento de pagos os interesados poden dirixirse ó departamento municipal de Recadación e Tesourería.

 

A alcaldesa mosense, avalada polos departamentos municipais de Tesourería e Intervención, xa levara á aprobación a un dos últimos plenos do pasado ano 2014, unha serie de medidas tributarias que beneficiasen ós contribuíntes do Concello de Mos  e entre as que se incluía este Plan Personalizado de Pagamento de Impostos Municipais, consistente na posibilidade do fraccionamento do pago dos mesmos.

 

Ditas medidas postas en marcha polo goberno local contemplan tres tipos de beneficios para os contribuíntes: conxelación, bonificación ou posibilidade de fraccionamento, dependendo do imposto ou taxa concretos dos que se trate. Gracias á mencionada conxelación, quedan bloqueados todos os importes e taxas, cuxos importes non experimentarán subidas que graven ós contribuíntes mosenses.

 

No capítulo das bonificacións atopamos en primeiro lugar a taxa do lixo, que se reduce á metade para os pensionistas, e as familias monoparentais e numerosas que perciban menos do 75% do Salario Mínimo Interprofesional.

 

No caso do Imposto de Rodaxe, quedan exentos do pago os vehículos históricos e os condutores cunha minusvalía maior do 33%, e verán reducido nun 75% o importe do imposto os vehículos con motor eléctrico.

 

No que respecta ó Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), as familias numerosas pasan a pagar o 50% do mesmo.

 

Tamén hai bonificacións nas taxas por expedición de documentos administrativos. En concreto non terán que pagar por ditos documentos os desempregados empadroados en Mos que non perciban ningún tipo de prestación.

 

Cómpre destacar a taxa de uso da Piscina Municipal, que se ve reducida do 20% ó 30% para colectivos veciñais, culturais e deportivos para usos de 15 a 30 membros. Ademais contémplanse descontos para familias nos cursos de natación, pagando a metade o primeiro fillo menor de idade; e sendo gratis para o segundo e restantes fillos. Ademais amplíase en dous anos máis o prezo infantil (12 euros) dos cursos de natación, sendo agora o rango de idade de 4 a 16 anos (antes era de 4 a 14 anos); este prezo faise tamén extensivo a persoas con discapacidade superior ó 33% e pensionistas.

 

Respecto do Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes, SAF, no caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos públicos (IPREM 532,51 euros), queda exenta do pago da taxa por dito servizo. Salientar a este respecto que este é o caso de preto do 25% de usuarios do SAF en Mos. O resto de usuarios dependentes do SAF só teñen que facer unha achega media do 16% da súa capacidade económica.

 

Por último, o Imposto de Construccións, Instalacións e Obras bonifícase no 50% no caso de construccións, instalacións e obras referentes ás vivendas de protección oficial durante os tres anos seguintes ao do outorgamento da célula de cualificación definitiva.

 

Os obxectivos de todas estas medidas son, segundo declara a propia Arévalo, “adaptarse ás necesidades e circunstancias persoais de cada contibuínte, así como facer máis sinxelo e cómodo o pago dos impostos municipais ós e ás 15.000 mosenses habitantes desta localidade, ós que quixemos beneficiar con esta serie de medidas tributarias postas en marcha no Concello de Mos nas que tivemos unha maior sensibilidade para con aqueles colectivos de necesidades especiais”, dixo a alcaldesa mosense.

 

E é que no pasado exercicio económico 2014 xa se comezaron a facer reduccións nalgúns impostos e taxas municipais, así como bonificacións nos mesmos para certos colectivos, e o goberno local mosense continúa agora no 2015 promovendo beneficios e facilidades para os contribuíntes de Mos.

 

Novidades

 

As grandes novidades das que se poden beneficiar este ano os veciños e veciñas de Mos, respecto das facilidades existentes o pasado 2014, son a conxelación de tódolos impostos e taxas, a bonificación do 75% do Imposto de Rodaxe para os vehículos de motor eléctrico, a reducción á metade do IBI para as familias numerosas, a exención de pago pola expedición de documentos administrativos para os desempregados que non perciban ningunha prestación, os descontos para colectivos e familias na Piscina Municipal e a bonificación do 50% do Imposto de Construccións, Instalacións e Obras para as construccións de protección oficial.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.