Mos
Ethel Vázquez adianta que as obras de mellora na curva da Costa da Morte estarán rematadas nesta primavera
As actuacións consisten no acondicionamento da intersección da PO-331 no punto quilométrico 3+500, onde se rexistra unha grande intensidade circulatoria, con tráficos que superan os 6.000 vehículos diarios
As actuacións que se están a acometer na estrada PO-331, do Porriño a Gondomar, na denominada curva da Costa da Morte, ao seu paso polo Concello de Mos, estarán rematadas nesta primavera. Así o confirmou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, que visitou os traballos, acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
As obras de mellora na denominada curva da Costa da Morte iniciáronse a principios desta mesma semana e contan cun orzamento de 320.000 euros.
As actuacións que se levan a cabo consisten no acondicionamento da intersección da PO-331 no punto quilométrico 3+500, onde se rexistra unha grande intensidade circulatoria, con tráficos que superan os 6.000 vehículos diarios.
Trátase dunha zona con mala visibilidade na que son frecuentes os cambios de sentido, tanto para os xiros de saída da PO-331 cara á vía local que dá acceso ao núcleo de Sequeiros, como para incorporación á estrada autonómica. Ademais, neste lugar atópase a chamada Fonte de Atín, da que se serven moitos veciños, polo que é frecuente que se fagan cambios de sentido neste punto, a pesar da súa reducida visibilidade e ángulo de xiro, o que contribúe a xerar situacións de risco.
Ethel Vázquez explicou que para dar solución a estes problemas e en aras de garantir a seguridade viaria o proxecto contempla incorporar un carril central de espera e unha semiglorieta que permita o cambio de sentido neste punto. Precisou que estas accións proxectadas dotarán a intersección dunha maior visibilidade e dun punto axeitado que permita os xiros en condicións de seguridade.
A titular de Infraestruturas definiu esta actuación como prioritaria para o Concello de Mos e estratéxica en canto ás comunicacións por estrada do sur da provincia de Pontevedra. Engadiu que con este proxecto o Goberno galego pon de manifesto o seu compromiso cos máis de 15.000 veciños deste municipio, acometendo unha obra moi demandada que redundará na seguridade viaria e na mellora das condicións de circulación, evitando posibles situacións de risco neste punto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136