Deportes
Doce clubs daranse cita este domingo na Regata Miño Internacional Copa Presidente da Deputación
Un total de 12 clubs galegos e portugueses, que sumarán 300 remeiros, daranse cita este domingo na Regata Miño Internacional Copa Presidente da Deputación.
A Regata Miño Internacional disputarase a partir das 12h en augas do río Miño entre San Pedro da Torre e o Centro Interfederado. Será a primeira vez que sexa organizada de forma conxunta polos dous clubs de remo tudenses: o Remo Tui e o Remo do Miño. Precisamente este feito foi destacado esta mañá tanto polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, coma polo concelleiro José Ángel Villaverde, destacando a súa satisfacción polo proceso de unificación que se está a realizar entre ambas entidades deportivas dende hai xa uns meses e que se pon de relevo nesta proba.
A regata disputarase en Oito con temoneiro absoluto masculino, 4 scull absoluto masculino, 4 scull absoluto feminino e coma novidade tamén en 8 con temoneiro veterano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217