Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 18 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
A Guarda

Antonio Lomba encabezará a lista dos socialistas no municipio

Domínguez Freitas non optará a reelección como alcalde na Guarda

[Img #17272]O actual alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, non se presentará ás eleccións municipais do próximo mes de maio. Tras 28 anos coma concelleiro na corporación municipal da Guarda, nove deles ao fronte do Concello, Domínguez Freitas non encabezará a lista do PSdG-PSOE e cede a testemuña a Antonio Lomba Baz, quen foi elixido polo Comité Local socialista coma candidato.

 

Antonio Lomba é concelleiro dende 2003 e forma parte do goberno guardés dende o ano 2007 sendo na actualidade o concelleiro de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías, que compaxina co seu traballo coma profesor de Tecnoloxía no IES A Sangriña.

 

A elección de Antonio Lomba para encabezar a lista do PSOE produciuse por unanimidade destacando dende o partido “o rigor, responsabilidade e traballo” do candidato. Avanzan tamén que “un grupo de traballo define xa as liñas de precampaña” sinalando que o traballo feito nos últimos oito anos, xunto a un proxecto de futuro ambicioso e realista, unha boa lista e un mellor candidato serán as armas que “poñeremos enriba da mesa para seguir contando co respaldo maioritario das guardesas e dos guardeses” explican dende o PSdG da Guarda.

 

Por tanto das cinco persoas que na actualidade ocupan o cargo de alcalde no Baixo Miño coñécese xa que dous deles non repetirán no posto a partir do mes de maio xa que non serán candidatos á reelección. Decisión que anunciaron xa tanto José Manuel Domínguez Freitas na Guarda coma Moisés Rodríguez en Tui. Sí optará á reelección todo un veterano como é o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela que dende 1999 exerce de rexedor no municipio e optará en maio a un novo mandato ao fronte da lista do Partido Popular.

 

En Tomiño a súa alcaldesa Sandra González explica que será a Asemblea Aberta do BNG, que se reunirá en breve, quen decida quen encabezará a lista nacionalista no municipio. En Oia o seu alcalde, Alejandro Rodríguez tamén agarda a decisión do Partido Popular a nivel provincial para dar a coñecer se será ou non quen estea ao fronte do PP nos comicios de maio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.