Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 19 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Os socialistas de Salceda piden partida orzamentaria para o Centro de Saúde

[Img #17280]A deputada socialista do Parlamento de Galicia, Carmen Gallego, visitou recentemente Salceda de Caselas, motivada pola presentación de alegacións feitas polos socialistas de Salceda ó orzamento da Xunta.

 

Entre as alegacións contemplan a mellora da seguridade no acceso das parroquias de San Xurxo e Picoña a PO-510, neste intre non dispón de carril de aceleración o que supón un importante perigo.

 

Aínda que, a principal alegación que presentou a executiva local foi a de que a Xunta recolla no seu orzamento a partida orzamentaria para o Centro de Saúde de Salceda de Caselas.

 

Verónica Tourón, vicesecretaria xeral dos socialistas de Salceda, fixo especial incidencia neste punto “como nai considero imprescindible que teñamos un centro sanitario axeitado a nosa poboación, o servizo de pediatría é especialmente deficiente. Neste momento creo que debemos renunciar a infraestructuras que non sexan urxentes e volcarnos nas realmente necesarias. Chegado o punto de que a Xunta decide non invertir en obras básicas como estas, tendrá que o governo local, aínda non sendo a súa competencia, que tomar decisións priorizando a mellora deste servizo esencial por encima de outras infraestructuras.”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.