Domingo, 19 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 19 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Aberto o prazo de inscrición no programa Tempo de Lecer

O último día para presentar a solicitude no Rexistro do Concello de Mos será o 11 de febreiro

[Img #17281]A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, informa de que hoxe abriuse o prazo de inscrición nos cursos do programa Tempo de Lecer 2015. As asociacións interesadas en participar e as empresas que queiran impartir os cursos terán ata o 11 de febreiro para entregar no Rexistro do Concello a solicitude de participación no programa Tempo de Lecer co nome dos obradoiros que lles interesa e as datas de comezo.

 

Os obradoiros ofertados entre os que cada asociación elixe nos que desexa participar son: Iniciación á calceta, Iniciación ó ganchillo, Encaixe de palillos iniciación, Encaixe de palillos avanzado, Lencería do fogar, Vainicas e bordados, Retalería artesá-patchwork, Talla de cristal, Coiro e macramé, Arte floral e flores secas, Encadernación, Decoración en metal, cartón e escaiola, Iniciación á cestería, Cestería avanzada, Esmalte en frío, Velas artesanais, Portarretratos artesanais, Confección de bisutería, Flores de pasta, Pintura en cristal, Pintura en tea e seda, Pinturas ao óleo e debuxo, Técnicas de debuxo, Cerámica, Tapicería, Restauración de mobles de madeira, Técnicas de  embelecemento de mobles, Corte e confección, Dieta sá e equilibrada, Informática, Elaboración de licores, Cata de viños, Corte de xamón, Fotografía, Edición de vídeos de cámara doméstica, Deseño e creación de Cómic, Teatro, Aerobic, Batuka, Danza do ventre, Bailes latinos, Gaita, Percusión, Xogos populares, Control de Estrés, Risoterapia, Cociña básica, Cociña elaborada, Repostería, Elaboración canapés, Funky, Break Dance, Pilates, Ioga, Pandeireta e canto, Baile tradicional, Axilidade mental e técnicas para a memoria, Automaquillaxe e Inglés.

 

Os obradoiros ofertaranse nas diferentes asociacións veciñais, culturais, xuvenís, de mulleres, etc. que desexen participar. O prazo de resposta por parte do Concello comunicándolles a admisión no programa será  a partir do 18 de febreiro.

 

O importe a aboar por cada alumno/a dos cursos de Tempo de Lecer será a razón de 1 euro/hora por participante, que debe inscribirse directamente na asociación na que se impartirá o curso ou obradoiro no que estea interesado/a.

 

Poderán participar no programa do presente ano 2015 ata un máximo de 20 asociacións, sendo o criterio de selección por rigorosa orde de inscrición.

 

Cada asociación poderá solicitar como máximo 30 horas. O máximo de asociacións que poderán participar neste programa son 20. Os obradoiros por asociación poderán ser dous de 15 horas cada un ou un de 30 horas. Cada un dos obradoiros, para poder levarse a cabo, contará cun mínimo de 12 persoas e un máximo de 20 (ou o que determine o monitor encargado de impartilo). Nalgunhas destas actividades, que non requiren atención individualizada por parte da persoa que a imparte, poderán chegar ata 25 participantes. Os obradoiros realizaranse entre os meses de marzo e novembro, parándose no mes de agosto por vacacións.

 

Tal e como explicou a edil Kely Monzón “un dos fins deste programa é dar resposta á gran demanda por parte das asociacións e conseguir unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo é do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social”. Outros dos obxectivos de Tempo de Lecer son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades formativas adaptadas ás súas posibilidades  económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.