A AEP aplaude a decisión de incorporar a vacina do pneumococo ao calendario vacunal infantil
O Comité Asesor de Vacinas da Asociación Española de Pediatría (CAV-AEP) aplaudiu as decisións tomadas no Consello Interterritorial de incorporar a vacina fronte ao pneumococo nos calendarios de vacinacións infantís, así como a de adiantar a administración da vacina do virus do papiloma humano (VPH) aos 12 anos. Estas medidas coinciden coas recomendacións desta Asociación dende hai anos e que se recollen de novo no Calendario de Vacinacións da AEP para 2015, que acaba de ser publicado polo CAV-AEP. Así, insta a todas as comunidades autónomas a priorizar nos seus presupostos sanitarios a incorporación da vacina fronte ao pneumococo para que estea dispoñible o antes posible e de xeito simultáneo en todas a rexións, de forma que se eviten desigualdades.
O pneumococo é unha bacteria que pode producir enfermidades graves como pneumonía, meninxite ou bacteriemia, ademais doutras menos graves pero máis frecuentes como sinusite e otite. A poboación máis vulnerable ao pneumococo son os nenos menores de 5 anos, e, en particular os menores de 2 anos. A vacinación universal fronte ao pneumococo é a estratexia máis efectiva para reducir os casos de enfermidade neumocócica invasora. De feito, os datos demostran que nos países onde a vacina se introduciu de forma sistemática, a incidencia diminuíu un 80-90%-90 en menores de 5 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217