Mos
Alumnos do IES pídenlle a Árevalo que recupere o Castro de Torroso
Na actualidade o castro máis antigo de Galicia atópase nun estado lamentable e non é apto para visitar
De todos é sabido a situación de abandono na que se atopa o coñecido como Castro de Torroso, un xecemento dos máis antigos de Galicia datado no século VII A.C . Os alumnos do I.E.S de Mos ubicado a escasos metros quixeron recordarlle ás autoridades a necesidade de recuperar este xacemento tan importante tanto para veciñoas e vecinos coma para dar a coñecer a futuros visitantes.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, reuníronse esta mañá no Concello cunha representación de alumnos e alumas de 3º curso da ESO-Diver do IES de Mos, que acudiron ó encontro acompañados dun dos seus mestres.
Esta entrevista foi solicitada por iniciativa dos propios estudiantes da área de Cienciais Sociais, interesados polo Castro de Torroso e que, tras unha visita ó mesmo apreciaron a necesidade de poñelo en valor e promocionalo tanto a nivel local como autonómico, por ser un dos máis antigos de Galicia, xa que data do século VII A.C.
A resposta, por parte das representantes municipais, foi totalmente receptiva e anunciaron que dende a administración local iniciaranse inmediatamente os trámites para optimizar o Castro de Torroso, xa que parte do xacemento atópase en terreos que non son de dominio público.
![[Img #17294]](upload/img/periodico/img_17294.jpg)
“De chegar todos os trámites a bo fin, serían precisas tres liñas de actuación a levar a cabo na seguinte orde: primeiro a limpeza da cobertura vexetal, segundo instalación de paneis interpretativos e, terceiro, consolidación das estruturas danadas. Para elo o Concello de Mos elaboraría un proxecto e solicitaría axudas doutras administracións, entre elas unha subvención da Deputación de Pontevedra” sinalaron dende o Concello.
Os alumnos do Instituto animáronse a tomar esta iniciativa motivados sobre todo pola realidade de que a gran parte do alumnado do IES non coñece a existencia do Castro de Torroso, a pesar de que se atopa a escasos metros do centro educativo, e que en xeral este xacemento arqueolóxico é descoñecido tamén por gran parte dos habitantes de Mos e de Galicia.
Dende o Concello sinalan que están “a traballar xa co arqueólogo Alberte Reboreda, que sería o técnico especialista encargado de redactar o proxecto se finalmente vai adiante esta iniciativa conxunta entre administración local e estudiantes, que podería ter repercusións enormemente positivas para todo o municipio tanto a nivel cultural como turístico”.
O Castro de Torroso no Museo de Pontevedra
No Museo de Pontevedra gárdanse todos os obxectos que se exhumaron ao longo das campañas que se desenvolveron no xacemento entre 1984 e 1990 baixo a dirección do arqueólogo Antonio de la Peña: restos cerámicos, fragmentos de metais (adornos persoais de bronce e prata, fouces e armas de ferro), así como de diferentes útiles líticos (pedras de afiar, etc…).
O coñecido como Castro de Torroso destaca por ser unha aldea fortificada que se levantou na transición entre a Idade do Bronce e a Idade do Ferro, alá polo s. VII antes de Cristo. Neste momento os grupos humanos, escollen os outeiros para edificar as súas aldeas, que fortifican co obxecto de mellorar as súas defensas, o que fai pensar aos arqueólogos que a convivencia entre comunidades e a explotación dos recursos do territorio (gando, terra, minas…) é causa dunha crecente de desigualdade e conflitividade social. Por iso o sector suroeste do poboado, o que conta cunhas defensas naturais máis febles, presenta un sistema defensivo realizado polo ser humano composto por tres fosos concéntricos complementados cos seus respectivos parapetos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136