Mos
A Asociación de Veciños de Veigadaña anuncia que abrirá en marzo un albergue de peregrinos con dezaséis prazas
Unha parte do local social habilítase para tal fin, mentres que o resto das instalacións continuarán a usarse, como sempre, para a realización de cursos e actividades
![[Img #17309]](upload/img/periodico/img_17309.jpg)
O presidente da Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña, José Manuel Pousada Fernández, informou hoxe de que unha parte do local social da asociación abrirá próximamente as súas portas como Albergue de Peregrinos, ó atoparse o edificio ubicado en pleno Camiño Portugués a Santiago de Compostela.
A relevancia da creación deste novo albergue radica, en primeiro lugar, en que será un importante motor para o barrio da Veigadaña, xerando na zona un movemento que repercutirá positivamente no aumento do consumo, creación de postos de traballo, etc. En segundo lugar este albergue servirá de reforzo ó de Santa Baia, na parroquia de Mos, que soe estar desbordado ó tratarse do único Albergue de Peregrinos existente no municipio mosense ata o de agora; polo que beneficiará, en xeral, a todo o Concello e a tódolos camiñantes que desexen facer parada e pernoctar en Mos.
Segundo explicaba Pousada esta mañá o albergue contará con 8 literas de dúas alturas que suman un total de 16 prazas existentes para aloxamento de peregrinos. As instalacións contan xa coa autorización da Axencia de Turismo de Galicia, que asesorou á Asociación de Veciños durante todo o proceso de estudio, deseño, proxección e tramitación deste novo albergue.
O presidente da agrupación veciñal anunciou a próxima apertura do albergue de cara a principios dos vindeiro mes de marzo, especificando así mesmo que durante o presente ano 2015 permanecerá aberto durante a tempada alta de peregrinaxe a Santiago, isto é, ata finais de outubro aproximadamente.
Os usuarios destas instalacións contarán, ademais de con servizo de aloxamento, con cafetería, posibilidade de selado da cartilla para a obtención da Compostelana e material gráfico con información turística sobre o Camiño de Santiago Portugués, sobre a provincia de Pontevedra e sobre o Concello de Mos.
José Manuel Pousada informou tamén de que se están a ultimar estes días as obras de instalación do baño do albergue.
Por último, Pousada quixo agradecer o apoio do Concello de Mos a este proxecto e aclarar que só unha parte do local social da A.V.V. Veigadaña será habilitado como Albergue de Peregrinos, mentres que o resto das instalacións continuarán funcionando como ata o de agora, como sede da asociación. “Os veciños e veciñas da Veigadaña poderán seguir participando como sempre en tódalas actividades e cursos que organizamos no local da Asociación”, declaraba o presidente, quen concluiu aproveitando para animar ós habitantes da zona que aínda non o fagan, a participar nas iniciativas promovidas pola Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136