Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 21 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
As Neves

Rematan as obras de reforma da praza de abastos do Concello das Neves

[Img #17313]O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou, en compaña do alcalde das Neves, Raúl Emilio Castro, a praza de abastos da localidade co obxectivo de comprobar o remate das obras realizadas neste mercado de cara a súa modernización e renovación. Na visita estiveron acompañados polo xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial.

 

A orde da Consellería  á que se acolleu o concello das Neves, estableceu as bases reguladoras para a subvención de proxectos municipais co obxectivo de mellorar os mercados e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia.

 

O proxecto para a reforma do mercado municipal das Neves supuxo un investimento de case 91.000 euros, dos cales 67.327 foron aportados pola administración autonómica, “é dicir, o 75% do total”, explicou Cores Tourís.

 

As obras consistiron na adecuación e modernización das instalacións, coa demolición dos postos existentes, a retirada de barras de aceiro inoxidables, a demolición da parede do fondo para aumentar a zona comercial e o picado do piso de toda a planta.

 

Tamén se instalou piso de formigón con tratamento antiesvarante, falso teito tipo desmontable, creouse unha zona de xestión de residuos, creouse un aseo para persoas con mobilidade reducida e instaláronse persianas, portas abatibles, fregadoiros para peixe, barra para fixación de básculas así como un cartel comercial MUPI. Finalmente, tamén se pintaron os paramentos verticais e se instalaron carteis comerciais sobre postos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.