Martes, 21 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 22 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

A renovación da iluminación de Sanguiñeda supón ao concello un aforro de ata 5.000 euros anuais

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, xunto á alcaldesa Nidia Arévalo, comprobou esta mañá o resultado da actuación levada a cabo na Avenida de Sanguiñeda a través das axudas concedidas polo Goberno galego.

[Img #17315]A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá as obras executadas no Concello de Mos para mellorar a eficiencia enerxética deste municipio, executadas a través dunha liña de axudas da Consellería de Economía e Industria.

 

Na visita, a delegada territorial estivo acompañada pola alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo, así como polo xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, e o concelleiro de Alumeado de Mos, Luis Alonso Seijo.

 

Bravo Bosch destacou os 31.000 euros de investimento que se destinaron a estas obras de mellora enerxética no concello de Mos e dos que máis de 22.000 euros corresponden á subvención aportada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

 

Coma explicou a delegada, a través deste proxecto realizouse a substitución de 52 puntos de luz existentes por luminarias tipo LED de 41 W, incluíndo a desmontaxe das existentes así como a reforma do cadro de mando, protección e medida do alumeado público. “Esta medida levada a cabo suporá para o Concello de Mos un aforro enerxético de ata 5.000 euros anuais”, destacou a delegada, que comentou tamén que deste xeito conseguirase un aforro de 30.987 kWh ao ano.  “Con esta iniciativa se permitirá a redución das emisións de CO2 en 20,14 toneladas ao ano, o equivalente a 1.007 árbores plantados”, matizou finalmente Bravo Bosch.

 

A maiores de Mos, tamén se viron beneficiados por esta iniciativa os concellos de Ponteareas e Mondariz-Balneario posto que a subvención coa que se financiou esta obra foi acadada tras a sinatura dun convenio de colaboración entre municipios para a renovación das instalacións de iluminación pública existentes.

 

“A través desta actuación contribuímos ao aforro enerxético dos concellos nunha das súas partidas máis destacables, tendo en conta que a iluminación pública supón, de media, case o 70% do consumo eléctrico dun municipio”, explicou a responsable da Administración autonómica na área territorial de Vigo.

 

A Xunta de Galicia destinou este ano 4,5 millóns de euros a este programa de iluminación exterior do Inega, un 15% máis que na anterior convocatoria, “dos cales 1,3 corresponden á provincia de Pontevedra, onde se promoveron 6 proxectos de agrupacións municipais de ata 9 municipios”, explicou Bravo Bosch.

 

A Consellería de Economía e Industria promoveu unha vez máis os proxectos colaborativos como o da agrupación de Mos, que viu incrementada a contía da axuda ata o 85% fomentándose así a cooperación institucional e diminuíndo os custos de execución.

 

Deste xeito, a Xunta mostra unha especial sensibilidade cos municipios por ser a administración local a máis achegada aos cidadáns, tendo as medidas adoptadas un maior grao de visibilidade e repercusión pública. Con esta convocatoria, a pretensión é a renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes e baseadas en tecnoloxías obsoletas por outras máis actuais e máis eficientes, aplicando criterios de aforro e eficiencia enerxética que acaden unha cualificación enerxética A ou B.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.