Miércoles, 22 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 24 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O programa de lecer Ocio en Familia céntrase no ámbito musical promovendo a iniciativa Mos coa Música

A primeira actividade será este mesmo domingo e consistirá nun concerto de piano de música moderna

A concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón presentou as actividades para os meses de xaneiro e febreiro do 2015 incluídas no programa “Ocio en Familia” e que se enmarcan baixo o título “Mos coa Música”. Ditas actividades serán un concerto de piano de música moderna  que se celebrará este domingo, día 25 de xaneiro; e a actuación conxunta do Coro Infantil Voces Brancas e o Cuarteto de Saxos de Torroso,  o 22 de febreiro.

 

Os destinatarios da iniciativa “Mos coa Música”, dentro do programa “Ocio en Familia”, son todas as familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos do Concello de Mos.

 

Sobre dita iniciativa a concelleira responsable da mesma declaraba hoxe que “con ela  pretendemos a apertura do programa de Ocio en Familia a través do ámbito musical e para elo, comezaremos este mesmo domingo co concerto de piano de música moderna , a cargo de Ana Belén Rodríguez García; e para o mes de febreiro co Coro Infantil Voces Brancas e o Cuarteto de Saxos de Torroso, coa colaboración de Moisés, profesor da Escola de Música de Torroso e director titular do Coro Infantil Voces Brancas co Concello de Mos”.

 

Os obxectivos desta iniciativa son promover alternativas de ocio saudable para todos os públicos así coma a participación e o divertimento das familias de Mos, mellorar e aumentar os momentos de lecer compartidos entre os membros de cada familia, proporcionar ferramentas ás familias para a súa propia xestión de ocio saudable e propiciar a interactuación e o contacto entre as diferentes familias do Concello. Ambas actividades desenvolveranse no Multiusos das Pozas en Petelos.

 

O concerto de piano de música moderna, que dará comezo este domingo ás 18.00 horas, é un espectáculo musical a piano so combinado con outros elementos que farán que o público non perda en ningún momento a atención. O repertorio está formado por temas de música moderna moi coñecidos por todos, pero tendo en conta que a maioría do público serán nenos, estará adaptado a eles de moitos xeitos. No escenario, ademais do piano e da pianista, haberá dúas pantallas; nunha delas aparecerá proxectado en todo o momento os títulos das pezas que interpreta e ademais a imaxe das súas mans percorrendo o teclado; este feito chama moito a atención de nenos e maiores, posto que teñen a sensación de estar moi pretiño do que está a pasar entre o instrumento e a pianista. Na outra pantalla proxectaranse imaxes de diversa índole en determinadas cancións. Na súa maioría estas imaxes estarán pensadas e adaptadas para que os máis pequenos, ademais de estar gozando da música, poidan visualizar, por exemplo, vídeos dos seus debuxos preferidos. Algúns dos temas a interpretar serán: Vivo por ella, BSO da Pantera rosa, varios temas de películas de Disney, un tango, o tema principal da película “El golpe” e varias cancións arranxadas pola pianista de estilo latin jazz, tales como Armando rumba, Lágrimas negras ou From within. A duración máxima de cada unha delas é de 4 ou 5 minutos, deste xeito o público goza dun repertorio moi variado combinado coas posibilidades artísticas que aportan as novas tecnoloxías.

 

O concerto do Coro Infantil Voces Brancas e do Cuarteto de Saxos de Torroso será o 22 de febreiro, tamén ás 18.00 horas da tarde. O concerto comeza co cuarteto de saxos que amenizará durante uns 25 minutos e posteriormente cantará o coro xunto co cuarteto. O coro actuará durante máximo 30 minutos. O coro esta composto por 20 voces de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 15 anos. O repertorio do coro contén una gran variedade de temas, entre os cales podemos destacar a BSO ‘Los niños del coro’, ‘Bella y bestia’ de Disney, ‘El rey león’, ‘Sonrrisas y lágrimas’, ‘Chiquitita’ de Abba, etc.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.