Galicia
O Consello Galego da Competencia abre o primeiro expediente sancionador a unha empresa nun proceso de contratación pública
O CGC decidiu iniciar expediente á empresa Alcor Seguridad por posibles prácticas restritivas no eido da competencia
O Consello Galego da Competencia (CGC) iniciou un expediente sancionador contra a empresa Alcor Seguridad S.L. por posibles prácticas anticompetitivas nun procedemento de contratación pública prohibidas pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia. Este é o primeiro expediente que abre o Consello Galego da Competencia nun procedemento da contratación pública.
A apertura do expediente ten a súa orixe nun escrito da Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, con data de 12 de decembro de 2014, no que se advirte ao CGC da presunta comisión de infraccións contra a normativa da competencia por parte da referida empresa, sobre o procedemento de contratación mediante lotes do servizo de vixilancia no fogar do transeúnte e no servizo de vixilancia no parque da Milagrosa.
Segundo a denuncia, Alcor Seguridad tería “inflado” os salarios que figuran nos pregos do concurso, que a empresa comunicou ao órgano de contratación, en cumprimento do artigo 120 de texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, correspondentes aos traballadores que prestan os seus servizos no fogar do transeúnte. A empresa tería actuado desta forma presuntamente co único fin de evitar o acceso e presentación doutras empresas a dita licitación.
Feitas as oportunas investigacións polos órganos municipais, a Xunta de Goberno do Concello de Lugo decidiu desistir do procedemento de contratación en relación co lote 1 e convocar unha nova licitación. Así mesmo, o Concello notificou os feitos ao CGC, por se puidesen ser constitutivos dunha infracción á normativa da defensa da competencia.
Hai que sinalar que a incoación do expediente aberto non prexulga o resultado da mesma. Agora, ábrese un período máximo de 18 meses para a instrución do mesmo por parte da Subdirección Xeral de Investigación do CGC e para a súa resolución.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191