Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 25 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O PSdeG-PSOE asinou o informe de mínimos de Pontesolidario

“Pontesolidario e os socialistas de Ponteareas compartimos valores por iso non só cumpriremos co informe de mínimos senón que tamén o melloraremos” Declara Chus Garrote.

O PSdeG-PSOE firmou este venres o informe de mínimos de Pontesolidario, afirmando que "os socialistas nos sentimos identificados polo que non só nos comprometemos a levalo a cabo senón tamén a melloralo".

 

Nun comunicado de prensa  aseguran que "a solidariedade é un dos piares fundamentais do ideario socialistas e dos socialistas, polo que cómpre non só reiterar o apoio do PSdeG-PSOE de Ponteareas ao informe de mínimos senón que tamén traballaremos para que non quede en papel mollado".

 

Para Chus Garrote, candidata á alcadía, a "situación actual de crise mesturado cun goberno desleal coa cidadanía e insolidario como é o Partido Popular supón o desamparo e o abandono das necesidade máis vitais dos nosos veciños. Non se pode consentir que un colectivo como Pontesolidario teña que facer o traballo do goberno do Partido Popular".

 

Engade que "o Partido Socialista  votará a favor deste informe que será presentado no Pleno Municipal nas vindeiras semanas. Aínda así non nos conformamos só coa aprobación senón que, como xa vimos facendo, seguiremos traballando para levalo a cabo".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.