Gondomar
O BNG asegura que "o transporte metropolitano non resolve os problemas de transporte colectivo en Gondomar"
O Bloque Nacionalista Galego ante o debate que se vai realizar no Pleno do Concello de Gondomar sobre o convenio coa Xunta de Galiza para o desenvolvemento do transporte metropolitano na área de Vigo, en que está incluído o concello de Gondomar, quere amosar públicamente o seu descontento.
Os nacionalistas afirman que veñen “reclamando desde hai anos unha mellora do transporte de viaxeiros cos concellos da contorna. Desde hai dous anos, se levaron a cabo varias iniciativas para reclamar unha mellora das frecuencias, itinerarios e prezos, até o punto de presentar alegacións ao plan de redución de liñas feito público en febreiro de 2013 por unha das empresas e levar o tema ao Parlamento galego en dúas ocasións durante o ano 2013, con propostas que non prosperaron precisamente polos votos en contra do PP. A Mancomunidade de concellos do Val Miñor aprobou no seu día unha moción do BNG que fixaba a súa postura neste tema. Por fin, dous anos despois, o PP propón un convenio sobre o transporte metropolitano, mais un convenio que non recolle aspectos fundamentais que desde o BNG se viñeron defendendo en todos estes anos, aspectos recollidos das demandas das veciñas e veciños. O Convenio do Partido Popular chega tarde e con moitas limitacións”.
O BNG explica que “impónselle ao concello unhas achegas que poden supor un desembolso importante nunha cuestión en que carece de competencias”.
Piden que se aclare “se este convenio fecha o problema de paradas que existe na actualidade e se se vai poder coller calquera das liñas de transporte desde o centro de Gondomar”.
Por último, aseguran en nota de prensa, que “tras do recorte sufrido nas liñas así como nas súas frecuencias, deberíase contemplar no convenio a necesidade de aumentar o número e frecuencias das liñas e non só recoller a actualización periódica dos horarios das liñas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191