Sábado, 25 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 27 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Nos últimos catro anos o paro en Mos descendeu en 107 personas

O desemprego descendeu un 6,39% de decembro de 2011 a decembro de 2014, o que se traduce en 107 parados mosenses menos

O índice de desemprego leva baixando progresivamente en Mos dende febreiro de 2014 logrando incluso alcanzar niveis de desemprego inferiores ós da pasada lexislatura, tendo actualmente 107 veciños e veciñas menos en situación de desemprego que en 2011. Este descenso representa unha porcentaxe de caída do paro do 6,39%.

 

 

[Img #17358]Respecto desta boa nova o concelleiro de Formación e Emprego e tenente alcalde mosense, Óscar Soto, declarou hoxe que “non obstante, e evitando os triunfalismos, debemos de considerar os datos de descenso do paro en Mos como optimistas e como un punto de inflexión. Nos primeiros 10 meses do 2014, deixouse de destruír emprego, e iso xa é importante. Agora xa estamos a ser capaces de xerar emprego, e emprego estable. O noso municipio, o terceiro en número de empresas da provincia, viuse tremendamente castigado neste período de crise: o peche de empresas, Expedientes de Regulación de Emprego, presentación de concurso, etc. As políticas desenvolvidas dende Alcaldía en busca de novas empresas no territorio, así como o asentamento do Polígono de Veigadaña e a súa constatación como un dos máis dinámicos da Comunidade Autónoma galega, contribuíron a contrarrestar os efectos negativos, das numerosas empresas en crise do municipio”.

 

 

E é que o Concello de Mos foi un dos poucos da provincia e incluso da comunidade autónoma que, durante o pasado ano 2014, logrou seguir atraendo novas empresas a asentarse no seu territorio: un total de 33; de xeito que a poboación activa mosense aumentou en 211 traballadores entre xaneiro e decembro do 2014, suba que supón un incremento porcentual da poboación activa da localidade do 2,43%.

 

 

Este dato das 33 novas empresas asentadas en Mos no 2014 é moi relevante dado que as cifras publicadas polo INE (Instituto Nacional de Estatística) de constitución de empresas o ano pasado establecen que en Galicia foron menos que no 2013, sumándose incluso un total de 70 concellos galegos nos que non se creou nin unha soa firma ou sociedade ó longo de todo o pasado ano 2014.

 

 

Así mesmo, segundo informan dende a administración local “as políticas de emprego deseñadas dende o Concello e en colaboración con outras administracións, contribuíron de xeito moi significativo á mellora dos datos mosenses en materia de desemprego, tanto é así que o municipio de Mos conseguiu ser o segundo da Área Metropolitana que máis logrou rebaixar a porcentaxe de desemprego durante o ano 2014. Ó longo do ano pasado o número de desempregados mosenses reduciuse en 248, o que implica unha baixada do paro do 13,28%”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.