Mos
Nova pista de mini basket na área de lecer de Sanguiñeda
Mos continúa coa ampliación e optimización integral da área de lecer de Sanguiñeda, unha das mellores da comarca
Os concelleiros mosenses de Deportes e Parques e Xardíns, Isidoro Táboas e Cándido Pérez respectivamente, visitaron esta mañá as recentemente rematadas obras de acometida dunha nova pista de mini basket na área de lecer de Sanguiñeda. Estes traballos veñen a completar e sumarse ós de instalación do parque-escola sobre a auga e os cultivos ecolóxicos, operativo dende o pasado mes de decembro.
Os representantes municipais aseguran a este respecto que, “con estes dous novos espazos, a área de lecer de Sanguiñeda convírtese nun parque súper completo, un dos mellores e dos máis grandes en superficie da comarca”, declararon os edís Táboas e Pérez. E é que Sanguiñeda combina zona para maiores con elementos biosaudables, zonas para os cativos tales coma o parque infantil propiamente dito e o parque de auga, agora tamén zona deportiva coa nova pista de mini basket, e zona de paseo cun coidado paisaxismo baseado en diferentes espazos delimitados por un río artificial e comunicados por pequenas pontes.
O concelleiro de Deportes explicou así mesmo que “a mini pista de baloncesto que se acaba de instalar na área de lecer de Sanguiñeda foi a petición dos pais dos moitos nenos e nenas que xogan habitualmente na zona, unha demanda que consideramos completamente razonable dende a administración local, xa que neste lugar non se contaba con ningunha pista para practicar deportes de balón”.
Mellora de todas as pistas en parques
Isidoro Táboas informou ademais de que as concellerías de Deportes e Parques e Xardíns veñen de optimizar todas as pistas deportivas ubicadas dentro de parques municipais. Isto é, xunto coa nova pista acometida no parque de Sanguiñeda, melloráronse tamén as pistas deportivas dos parques de Arrufana en Louredo e Torroso. Os traballos, realizados con fondos propios da administración local, consistiron no pintado das pistas e a reparación de canastas e porterías.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141