Mos
Rematan sete asfaltados en viais das parroquias de Guizán, Cela, Tameiga, Mos e Torroso
As obras foron financiadas pola Deputación de Pontevedra con preto de 250.000 euros
Fai poucos días a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Vías e Obras, Alberto Méndez, -xunto coa edil da parroquia, Julia Loureiro- visitaban as obras de asfaltado do Camiño das Barreiras en Guizán, que xa se atopan rematadas e aproveitaban para informar de que, unha vez finalizados os traballos no Camiño da Suaxeira en Torroso e no Camiño Ponte da Roma, que une as parroquias de Torroso e Mos, darase por concluído o Plan de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra, POSP, gracias ó cal se realizaron labores de reafirmado nun total de sete viais públicos do Concello de Mos.
Os viais que se viron beneficiados por este Plan e nos que se realizou a acometida dunha nova capa de rodadura foron os Camiños das Barreiras e de Rexomil na parroquia de Guizán, o Camiño de Arufe – Coutadiña en Cela, o Camiño da Pousada – Río en Tameiga, o Camiño do Barranco na parroquia de Mos, o Camiño da Suaxeira en Torroso e o Camiño Ponte da Roma que vai de Torroso a Mos.
O total do orzamento investido nestas obras acende a preto de 250.000 euros finaciados pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Descripción dos traballos
A actuación básica correspondeu a unha limpeza de marxes e cunetas en toda a lonxitude dos camiños anteriormente enumerados e aplicación dunha capa de 6 centímetros de espesor de asfalto. Fíxose tamén un recrecido das tapas existentes nos camiños, dando así por rematada a actuación en cada punto.
O Camiño das Barreiras, que enlaza a estrada de Guizán co Camiño das Lagoas, ten unha lonxitude de 160 metros, e un ancho de 3,5 metros, polo que a superficie total que se asfaltou foi de 560 metros cadrados. O Camiño de Rexomil, tamén na parroquia de Guizán, ten unha lonxitude de 197 metros e un ancho de 4 metros, resultando a superficia asfaltada dun total de 788 metros cadrados.
O Camiño de Arufe – Coutadiña une a estrada PO-331 co núcleo de Arufe e ten unha lonxitude de 851 metros cun ancho de 4 metros e unha superficie total asfaltada de 3.404 metros cadrados.
A lonxitude total do Camiño da Pousada – Río é de 838 metros, e enlaza Rans con Río. Ten un ancho de 5 metros e conta cunha superficie de 4.190 metros cadrados que foi íntegramente asfaltada.
O Camiño do Barranco conecta a estrada Nacional 550 co Camiño de Santa Baia e ten unha lonxitude de 236 metros e unha anchura de 4 metros. A superficie de asfaltado é de 944 metros cadrados.
Antes de executar a pavimentación do Camiño de Ponte da Roma, que enlaza Cabaleiros con Louriñó, fíxose un saneo nunha superficie total de 400 metros cadrados, xa que existían zonas que debían ser reparadas antes de extender a nova capa de rodadura. O camiño ten unha lonxitude de sobre un kilómetro e medio. O outro camiño asfaltado na parroquia de Torroso, o da Suaxeira, mide uns 500 metros de longo.
A reposición da capa de rodadura nestes 7 camiños supón máis de 4 kilómetros de lonxitude e uns 16.000 metros cadrados de superficie de asfaltado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141