Martes, 28 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 29 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos retoma o ciclo de cine “Mos coa Butaca” como iniciativa central do primeiro trimestre do programa “Noites Vivas 2015”

As películas “Tres bodas de más”, “El lobo de Wall Street”e “Doce años de esclavitud” proxectaranse no Centro Dotacional de Torroso o último sábado de cada mes

[Img #17384]A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón inicia un novo ciclo de cine “Mos coa Butaca” dentro do programa “Noites Vivas 2015”. Hoxe presentou a proposta de actividades para os meses de xaneiro, febreiro e marzo, que consistirá na continuación das xornadas cinematográficas iniciadas no último trimestre do ano 2014. As proxeccións das películas desenvolveranse nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso.

 

Segundo informou esta mañá a propia concelleira responsable desta iniciativa, Kely Monzón, os obxectivos da mesma son “promover un ocio nocturno saudable na xuventude do municipio de Mos, ofertar actividades de ocio nocturno atractivas e asequibles para a xuventude  mosense, habililitar horarios nocturnos en espazos municipais, motivar ós nosos xoves para un mellor uso do seu tempo de lecer, evitar o estilo de ocio actual baseado no consumo de alcohol e outras sustancias nocivas para a saúde e o correcto desenrolo persoal, crear novos espazos de socialización e divertimento, impulsar o concepto de ‘Concello saudable’ a través do ocio nocturno colectivo programado e promover a calidade de vida da xente nova”.

 

Os beneficiarios e beneficiarias directos deste programa son os mozos e mozas entre 14 e 35 anos do municipio de Mos. Indirectamente tamén está dirixido a todos os xoves entre estas idades doutros municipios e que estean interesados nesta programación, así como o entorno familiar dos mozos e mozas e toda a comunidade do municipio.

 

A actividade consistirá na reprodución de diferentes filmes o último fin de semana dos meses de xaneiro, febreiro e marzo.

 

O primeiro filme será “Tres bodas de más” o vindeiro sábado, 31 de xaneiro, ás 22.00 horas. O segundo filme será “El lobo deW all Street”  á mesma hora o día 28 de febreiro. E, por último, a película do mes de marzo, “Doce años de esclavitud”, proxectarase tamén ó día 28 e novamente ás 22.00 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.