Miércoles, 29 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 29 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Escolares mosenses aprenden a facer unha compra saudable

Os alumnos e alumnas do colexio de Sanguiñeda visitaron esta mañá o supermercado Eroski como parte dun programa formativo sobre alimentación saudable

[Img #17391]A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, acompañaron esta mañá ós 20 nenos e nenas alumnos do CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda á sesión formativa sobre alimentación saudable que se desenvolveu primeiramente no centro educativo para, de seguido, desprazarse ata as instalacións do supermercado Eroski na Avenida de Sanguiñeda.

 

Esta actividade, baixo o título de ‘Visita o teu súper’, é unha iniciativa organizada pola concellería de Educación mosense e está enmarcada dentro do programa de alimentación saudable en Educación Primaria.

 

As visitas ó Eroski comezaron o pasado día 8 de xaneiro, continuando hoxe día 29, así coma durante as xornadas do 5 e 12 de febreiro. A actividade consiste nunha sesión formativa formada por unha charla inicial de 30 minutos no propio centro educativo en cuestión, na cal se ofrece información básica sobre alimentación, consumo e dereitos dos consumidores. E posteriormente, 60 minutos de saída onde se remarca a formación ofrecida a través da visita ás instalacións do supermercado Eroski de Mos.

 

Sobre esta iniciativa Monzón explicou que “o obxectivo da prevención primaria é reducir ou eliminar todos aqueles factores que incrementan a probabilidade de que se produza un trastorno, neste caso alimentario, ó tempo que se aumentan as capacidades persoais e o apoio do entorno. No caso dos trastornos da conduta alimentaria, a desinformación ou as nocións erróneas sobre a alimentación, cobren un dos principais postos nos factores que o desencadean.  Dende esta concellería, consideramos a escola como un dos lugares máis adecuados para modificar hábitos, concienciación, información, xa que é a etapa da educación básica onde se inician e consolidan hábitos para a vida adulta. Por este motivo, coa interacción e cooperación entre profesorado, alumnado, familias, e entidades colaboradoras, poderase contribuír a que os nosos cativos adquiran estilos de vida saudables, fortalezan comportamentos responsables e se desenvolvan adecuadamente nos diferentes ámbitos da vida”, declarou a concelleira.

 

Os obxectivos deste programa son promover hábitos de vida saudable, proporcionar información adecuada sobre a alimentación, facilitar o desenvolvemento do comportamento responsable como cidadáns e informar sobre a promoción e defensa dos intereses e dereitos dos consumidores.

 

Os destinatarios desta actividade son o alumnado de 4º curso de Educación Primaria do Colexio de Atín (19 nenos e nenas), do CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda (20 nenos e nenas), do CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro Mos (20 nenos e nenas) e do Colexio Lar (32 nenos e nenas). En total participarán 91 cativos destes catro centros educativos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.