Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 28 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Tomiño

Unha muller faleceu esta tarde a consecuencia dun accidente de tráfico en Tomiño

Un turismo e un camión que transportaba madeira colidiron esta tarde na PO-552, punto quilométrico 67, ao paso pola localidade pontevedresa de Tomiño. Como consecuencia do impacto, a muller, única ocupante do turismo, resultou falecida. Os Bombeiros do Baixo Miño tiveron que liberar á vítima, que se atopaba atrapada entre os restos do vehículo. Os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero nada se puido facer por salvarlle a vida. Sobre o camioneiro, o persoal de Urxencias Médicas confirmou que se atopaba en perfecto estado de saúde. Ás 16:45 horas de hoxe, un particular contactou co 112 Galicia para pedir axuda.

 

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia activou un operativo composto polos bombeiros do parque comarcal do Baixo Miño, membros do GES da Guarda e de Protección Civil de Tomiño, Urxencias Médicas e Garda Civil de Tráfico. Tamén foi informado o servizo de limpeza e mantemento da Consellería do Territorio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.