Galicia
O PPdeG renova ao 57,1% dos seus candidatos ás sete grandes cidades
Negreira, Castiñeira, Vázquez e Moreira serán os aspirantes das capitais de provincia: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra
O Comité Electoral do PPdeG recibiu hoxe as propostas dos órganos municipais ou provinciais competentes sobre as persoas que encabezarán as listas do partido ás vindeiras eleccións nas sete principais cidades de Galicia.
A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, será a encargada de liderar a candidatura dos populares na cidade de Vigo.
O PPdeG renovou os seus candidatos en catro das sete cidades respecto aos cabezas de cartel que presentou na anterior cita electoral, o que supón un 57,1% de renovación.
Repiten os candidatos e alcaldes de A Coruña e Ferrol, así como o aspirante de Lugo, que obtivo en 2011 a porcentaxe máis alta de voto do PPdeG nas sete cidades aínda que non serviu para obter unha maioría suficiente para gobernar.
Os aspirantes das outras catro cidades debutan como cabeza de cartel nestas eleccións, aínda que todos eles teñen participado noutras listas electorais. De feito, os catro formaron parte das candidaturas que presentou o partido de cara as últimas eleccións autonómicas. Tres deles (Hernández, Muñoz e Moreira), acompañando na lista de Pontevedra a Alberto Núñez Feijóo. O outro candidato, o de Ourense, foi número 1 na lista desa provincia nese proceso electoral de 2012 no que o PPdeG recolleu de novo o apoio maioritario das urnas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191