Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 30 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Baiona

A directora de Turismo de Galicia destaca en Fitur a firme aposta de Baiona pola calidade turística

Baiona é un dos destinos galegos integrados no Sistema Integral do Calidade Turística Española (SICTED) con dez establecementos distinguidos e cinco adhesións e o seu porto ostenta o prestixioso galardón Quality Coast

[Img #17422]A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación “Baiona, mar de sensaciones” que acolleu o stand galego na 35 edición da Feira Internacional de Madrid, Fitur.

 

O acto contou tamén coa participación do Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez, e da Concelleira de Turismo da localidade pontevedresa, María Iglesias. Ademais asistiron á presentación numerosas autoridades tales como o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán ou a Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo, entre outros.

 

A directora de Turismo de Galicia destacou na presentación que Baiona é dende hai décadas un dos destinos predilectos dos cada vez máis numerosos turistas que visitan Galicia e as súas Rías Baixas.

 

Nava Castro, fixo un repaso pola ampla oferta turística que ofrece esta localidade pontevedresa destacando que o seu ámbito natural, combinado co seu microclima de suaves temperaturas ofrece multitude de alternativas.

 

Nesta liña, a directora de Turismo de Galicia resaltou a súa estación rupestre, o paseo pola marisma do río Miñor, as súas sendas fluviais, a serra de "A Groba" que, con 700 metros de altitude, convértese nun miradoiro natural sobre o océano Atlántico, os seus 4 km de praias repartidos en seis areais de finas e brancas areas, así como a súa zona antiga que conta coa declaración de "Conxunto de Interese Histórico Artístico".

 

Así mesmo, Nava Castro fixo referencia á Festa da Arribada que Baiona celebra dende hai 60 anos cada primeira semana de marzo. Segundo explicou a directora de Turismo, a celebración, que conta coa declaración de Interese Turístico Nacional, atrae cada ano a miles de turistas de todas partes do mundo.

 

 

 

Un destino que aposta firmemente pola calidade

A responsable de Turismo da Xunta de Galicia afirmou que Baiona é un destino que aposta firmemente pola calidade turística.

 

Mostra diso é que é un dos destinos galegos integrados no Sistema Integral do Calidade Turística Española (SICTED) con dez establecementos distinguidos e cinco adhesións. Ademais, este mesmo xoves, no marco de Fitur, Baiona recibiu o premio como 3º Mellor Destino Sicted 2014.

 

Así mesmo, o porto de Baiona ostenta o prestixioso galardón Quality Coast dentro do maior programa internacional de certificación de turismo sostible de Europa. Baiona converteuse así no primeiro municipio galego recoñecido coa devandita distinción e que, xunto a Fuerteventura, son os dous únicos destinos españois que o ostentan a nivel nacional.

 

A directora de Turismo de Galicia destacou que o patrimonio natural e cultural, a natureza limpa, a identidade local e a participación das empresas no turismo sostible, ademais das políticas implementadas no ámbito da sustentabilidade turística, son os valores que fixeron que Baiona fose distinguida con estes prestixiosos galardóns.

 

"Todo isto, xunto cunha extraordinaria gastronomía e unha importante oferta hoteleira, fai de Baiona e das Rías Baixas en xeral un reclamo indiscutible de Galicia", afirmou Nava Castro.

 

Un gran reclamo para Galicia

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia afirmou que o pasado ano 2014 o destino Rías Baixas superou a súa cifra de viaxeiros aloxados nun 2,6%, rexistrando máis dun millón, e nun 1,3% o nivel de pernoitas, con preto de 2,5 millóns neste caso.

 

Segundo explicou Nava Castro, este comportamento positivo da demanda permitiu aos establecementos hoteleiros das Rías Baixas mellorar tamén as cifras de ocupación do pasado ano, en máis dun punto porcentual, ata rexistrar un 31,2% de media.

 

"Uns datos que sen dúbida certifican o gran reclamo que supoñen para Galicia Baiona, en concreto, e as Rías Baixas, en xeral", afirmou a directora de Turismo de Galicia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.