Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 31 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O PP de Mos arranca coa súa folla de ruta cara as eleccións municipais

Hoxe comezou en Pereiras a primera dunha serie de reunións de partido nas dez parroquias para facer balance da lexislatura e deseñar o programa electoral

[Img #17423]A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, iniciou esta mañá unha ronda de reunións polas dez parroquias mosenses, nas que se convoca  unha mesa de traballo entre a rexedora local e os membros do comité do Partido Popular de Mos nas diferentes parroquias.

 

Cada unha destas dez xuntanzas, que hoxe comezaron e que se polongarán ó longo de todo o mes de febreiro, celebraranse en diferentes lugares de todas as parroquias do Concello.

 

A mesa de traballo convocada para cada unha das reunións centrarase na revisión de obras feitas e logros acadados, na identificación de obxectivos pendentes e no inicio da redacción e diseño do programa electoral de cara ós vindeiros comicios municipais a celebrar en maio. En definitiva, trátase de arrancar cara as eleccións municipais cunha folla de ruta perfectamente detallada.

 

A continuación da reunión de hoxe en Pereiras, celebrarase mañá domingo 1 de febreiro a correspondente xuntanza na parroquia de Louredo, para continuar a próxima semana nas parroquias de Dornelas e Mos. E así seguirase sucesivamente ata completar a visita ás dez parroquias mosenses, de xeito que todas as fines de semana se celebre algunha para rematar a ronda de reunións a finais de febreiro.

 

Arévalo destacou neste sentido “a importancia de traballar codo con codo co comité local e da man das parroquias, que son os que coñecen o sentir e as necesidades reais diarias dos veciños e veciñas de Mos”. Asimesmo a redora local afirmaba que “en 2011 xa demostramos que cumpriramos cos e coas mosenses, feito que foi avalado nas urnas nas pasadas eleccións municipais; ó longo destes últimos catro anos continuamos a seguir cumprindo a pesar da situación económica adversa. Estou segura de que os habitantes de Mos valoran a que foi unha xestión eficiente e volverán a respaldarnos para que sigamos cumprindo catro anos máis”.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.