Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 30 de Enero de 2015 Tiempo de lectura:
Gondomar

O BNG de Gondomar elixe a Manuela Rodríguez Pumar coma candidata á alcaldía

[Img #17424]O Bloque Nacionalista Galego celebrou no día de onte unha asemblea en que elixiu a persoa que encabezará a candidatura nas vindeiras municipais de 24 de maio de 2015. A asemblea decidiu por unanimidade que esta persoa sexa Manuela Rodríguez Pumar. Esta elección está pendente de ser ratificada polo Consello Nacional do BNG que se celebrará o día 7 de febreiro.

 

Manuela R. Pumar iniciouse en política coa Plataforma Veciñal Independente, creada no seu día para dar unha alternativa democrática a Gondomar e superar a continuidade dun alcalde que viña do franquismo. Desde entón, Manuela Rodríguez implicouse na política municipal e comezou militar no BNG.

 

No BNG ocupou e ocupa diversas responsabilidades, chegando ser responsábel comarcal de Vigo. Na actualidade é a responsábel de organización da comarca e integrante do Consello Nacional do BNG.

 

En Gondomar, Manuela R. Pumar é unha persoa recoñecida polo seu traballo en diversos ámbitos: no veciñal, no cultural, nas anpas, e actualmente participa activamente en diversas entidades e colectivos sociais.

 

Ademais da elección de Manuela R. Pumar, a asemblea local do BNG tratou os criterios para a elaboración da candidatura ás municipais, en que xa está traballando, así como para a  elaboración do programa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.