Mos
Mos contará cunha terceira escola Galiña Azul que contará cun orzamento de máis de 600.000 euros
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo en Santiago unha xuntanza coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo
O concello de Mos (Pontevedra) contará cunha nova escola escola infantil pública que terá 6 unidades e 82 prazas e será o terceiro centro da rede A Galiña Azul da localidade.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo o pasado día 30 en Santiago unha xuntanza coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. O centro infantil de 0-3 anos emprazarase nunha parcela municipal no polígono industrial da Veigadaña da localidade.
O Concello de Mos dispón xa de 82 prazas distribuídas en dúas escolas: a de Porteliña, que oferta 41 prazas, e a de Coto Torrón, con outras 41 prazas, polo que esta nova escola suporá duplicar a oferta de prazas públicas de escolas infantís na localidade.
De acordo co proxecto redactado polo concello, a escola contará cun orzamento de máis de 600.000 euros e estará financiada ao 60% pola Xunta de Galicia e o 40% restante o aportará o concello pontevedrés, que iniciará de inmediato os trámites para poñer a disposición do Goberno os terreos e licitar e adiantar as obras para que poida entrar en marcha a escola no exercicio 2016/2017.
Mato destacou que a aposta da Xunta de Galicia pola creación de prazas en escolas 0-3 é “clara” e, neste senso, explicou que a Administración autonómica vén traballando nestes últimos anos no obxectivo de achegar ás familias galegas a conciliación da vida persoal e familiar proporcionando, ao mesmo tempo, aos usuarios desas escolas un entorno de calidade nos seus primeiros anos de vida.
Deste xeito, na pasada lexislatura, a Xunta puxo en marcha 3.000 prazas públicas na Rede autonómica de escolas infantís, que conta actualmente con 8.750 prazas. Na provincia de Pontevedra, a oferta actual é de 3.309 prazas, o que supón un incremento do 65,5% con respecto a abril de 2009.
Hoxe mesmo, a conselleira anunciou en rolda de prensa que a Xunta porá a disposición das familias galegas 500 novas prazas públicas de 0-3 anos no próximo curso escolar 2015-2016, que estarán financiadas con fondos da Administración autonómica a través do sistema de concerto. Para levar a cabo esta medida, o Goberno galego convocará por primeira vez un concurso público para concertar as 500 prazas, que se sumarán ás novas que están en construción nestes momentos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149